O Concello e a Asociación Galega de Apicultura piden aos veciños que poñan trampas para evitar niños de Velutinas

Comparte esta nota de prensa

A velutina é unha especie invasora perigosa para o medioambiente e que conleva un risco importante para as persoas. Neste momento comezan a saír do seu letargo invernal, polo que resulta necesario trampear en gran escala.

O risco que xera a ‘vespa velutina negritorax’ é moi superior ao das autóctonas. Non fai falta achegarse ao niño para alteralas, reaccionan ao ruido e vibración (niños soterrados) e son máis agresivas na proximidade dos seus niños. Atacan en maior número, con máis insistencia e inxectan máis veleno. Carecen de inimigos naturais e xeran centenares de nais por niño a diferenza das autóctonas que apenas chegan á decena. A captura de raíñas ha de efectuarse de marzo a finais de maio, coincidindo coa fase de construción e actividade do niño primario. Ou ben de setembro a decembro (do nacemento de novas raíñas á súa hibernación).EVITA AS VELUTINAS. CONSTRUCIÓN DE TRAMPAS. CONSELLOS.

A.- Situación das trampas.
Hai que seleccionar lugares asollados, porque o aroma se difumina mellor cando o trayente quéntase. Colocaremos as trampas ao redor dos niños velutinos do ano anterior que non foron eliminados antes de setembro. Un gran número de raíñas haberán invernado preto e buscarán alimento ao redor. Nestes casos as trampas colocaranse nun radio de 100 a 150 metros dos mesmos. Se deixan de caer exemplares de Velutina hai que resituar as trampas uns 150 metros para que volvan capturar. Tamén as colocaremos nas proximidades dos composteiros e nos alpendres onde se garde o material do apicultor. Finalmente tamén as situaremos nun radio de 100 metros ao redor dos apiarios. Durante a primavera non se deben colocar as trampas contra a velutina no propio colmenar. Se é posible, na trampa colocarase unha avespa asiática, a poder ser raíña, xa que atraerá ás súas conxéneres polo efecto das feromonas e actuará como repelente para as abellas. Os restos dun niño primario de velutina tamén actúan como un bo atrayente así como a auga de cocer a cera. Poñer algo para que non se afoguen no líquido atrayente. As raíñas vivas na trampa é o mellor atraente.

B –Trampas a utilizar.
Construiremos e instalaremos trampas o máis selectivas posible para evitar que entren nelas outros insectos polinizadores fundamentais para a reprodución de plantas e cultivos. Para iso, aconsella que na parte superior da botella realícense dous buracos enfrontados cun diámetro de entre 8 e 9 mm. Iso axuda moito porque hai moitos insectos como abellóns, bolboretas ou polillas que non poderán entrar. Xusto debaixo das entradas, faríase a mesma operación cos buracos de saída, tamén enfrontados, que deberían ter un diámetro de entre 4 e 5 milímetros e para os que se pode utilizar unha broca tamén para madeira que podemos adquirir en calquera ferraxería, ou un cravo dun tamaño aproximado. As medidas idóneas serían 8 ó 9 milímetros para as entradas e entre 4 e 5 milímetros para as saídas. Nos buracos de entrada, aconsella colocar unha campanilla e, no interior da botella, unha cortiza ou algún outro elemento que flote no líquido atrayente. Preténdese que o que non sexa avespa asiática non morra na trampa e poida escapar.

C – Atraente caseiro.
Hai gran diversidade de atraentes caseiros, similares en eficacia aos comerciais, de entre eles o máis simple é o realizado con fermento fresco do pan. Mestura para recebar 20 ó 25 trampas.- 50 gr de fermento e 2 kg de azucre disoltos en 5 litros de auga morna. Para 2 ó 3 trampas.- 5 gramos de fermento + 200 gramos de azucre e 0,5 litros de auga. A duración do atraente dependerá da temperatura ambiental, aínda que o habitual con temperatura primaveral é substituílo cada 15 ó 20 días.

Para calquera dúbida ou aclaración, contactar coa Asociación Galega de Apicultura – AGA- (Delegación Ferrolterra) no teléfono 661 378 960.

Pódeche interesar