O Concello programa dúas formacións para afondar no impacto do alzhéimer e outras demencias

Comparte esta nota de prensa

Da man de AFAL, os obradoiros levaranse a cabo os días 16 e 17 de marzo, de 16.30 a 18.30 horas, na biblioteca municipal de Ares.
Son totalmente de balde, mais precisan de inscrición previa contactando cos Servizos Sociais da localidade.

As ponentes achegarán información ás familias sobre o abordaxe terapéutico das demencias (síntomas, tratamento, cambios no comportamento…) e como levar correctamente a cabo os coidados que precisan as persoas dependentes.

A Concellaría de Igualdade e Benestar e a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAL) Ferrolterra organizan conxuntamente dúas xornadas para divulgar as atencións especializadas que requiren tanto o alzhéimer como outras demencias que tamén afectan ó desenvolvemento cotián das persoas. As formacións estarán impartidas por Julia Cabanas, psicóloga, e Natividad Criado, terapeuta ocupacional, e destinaranse ás familias que precisen información sobre estas enfermedades
.
As ponencias realizaranse os días 16 e 17 de marzo, de 16.30 a 18.30 horas, na Alianza Aresana e precisan de inscrición previa no 981 448 354. Segundo consta no seu programa, afondarase na sintomatoloxía das demencias e do alzhéimer, nos seus tratamentos e tamén nas alteracións que provocan no comportamento da persoa afectada. A maiores do enfoque máis psicolóxico e clínico, tamén haberá unha parte dedicada ás mobilizacións e coidados, con recomendacións sobre posicionamentos na cama, hixiene postural, sedestación… incluíndo un obradoiro práctico.

Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar, resaltou os obxectivos das dúas formacións: “tratamos de achegar un coñecemento práctico a quen vive no seu día a día as demencias e o alzhéimer, a quen ten que coidar a persoas dependentes. É importante traballar tanto o impacto psicolóxico como consellos prácticos que axuden na convivencia das unidades familiares”.

Segundo lembran dende a Concellaría, as dúas actividades son de balde para a veciñanza e terán o proceso de inscrición aberto ata ocupar o total das prazas asignadas.

Pódeche interesar