Onte, a casa consistorial de Cabanas acolleu a inauguración oficial da exposición “Cantámola”

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Unha mostra itinerante que irá viaxando, amais de Cabanas, por Ares, Valdoviño, Mugardos e Neda, os cinco concellos que comparten Servizo de Normalización Lingüística da MancomunidadeNo caso da localidade aresán, a exposición chegará na primeira semana de outubro, coincidindo coa celebración do Día do Orgullo Neofalante, e fará un percorrido por unha ampla variedade de estilos da música en galego, dende o pop rock ao rap, a mestizaxe, a experimentación electrónica, as músicas urbanas…

O acto celebrado onte contou coa participación dos representantes municipais, entre eles Noelia Montero, concelleira de Educación de Ares, ademais de Pepe Cunha, comisario da mostra, e María Muíño, deputada provincial de normalización lingüística.

Pódeche interesar