Onte pola tarde, nunha cerimonia celebrada no salón da Alianza Aresana, anunciáronse os vencedores do VII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares

Comparte esta nota de prensa

O evento congregou aos participantes e aos seis finalistas cuxas obras adornarán o calendario municipal de 2024, presentado no mesmo acto.

Os premios repartíronse en dúas categorías, atendendo á idade dos participantes. Na Categoría A (de 8 a 12 anos), os gañadores foron Carolina Pereira, Sara Pereira e Martín Díaz. Doutra banda, na Categoría B (de 13 a 18 anos), os recoñecementos recaeron en Cristian Campos, Noelia Navas e Candela Fonte.

A concelleira de Cultura, Alma Barrón, felicitou aos gañadores, e tamén estendeu as súas felicitacións ao resto dos participantes, eloxiando a diversidade de perspectivas reflectidas nas imaxes.

Ademais, a concelleira expresou o seu agradecemento ao xurado composto por Marcos López Alonso e Yolanda Castro López, así como a toda a comunidade educativa do CPI As Mirandas polo seu compromiso no certame. Barrón destacou: “Este concurso vai máis aló de premiar imaxes, é un reflexo da identidade e memoria colectiva da nosa localidade”.

Os exemplares do calendario municipal xa están dispoñibles para a veciñanza na biblioteca municipal de Ares.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,