Victoria Montenegro, concelleira de Igualdade e Benestar, e o director e a abogada do Centro de Información á Muller (CIM) de Ares acudiron ás instalacións municipais para presentar esta mostra composta de 24 fotografías do Arquivo Vidal, cada unha acompañada ademais cun texto dunha creadora contemporánea.
O século XX ponse así en relación co século XXI nunha exposición que visibiliza o papel das mulleres e se materializa grazas á colaboración da Deputación da Coruña. Estará á túa disposición de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas.