Para o deseño das rutas enmarcadas dentro do proxecto “Ares Descobre”, nestes días levouse a cabo un proceso de gravación de videotestemuñas con algúns informantes aresáns, as persoas que mellor poden coñecer a historia do territorio polo que transcorrerán os percorridos tematizados.

Así, primeiro visitouse Caamouco para falar con Ernesto López Naveiras, historiador da parroquia e presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco. A conversa con el serviu para afondar mellor no pasado mariñeiro de Redes a través da evolución das súas rúas e a singularidade da súa arquitectura. López Naveiras destacou especialmente a importancia de […]

Recuerda que este viernes 23 y el sábado 24 Ares contará con dos actuaciones inscritas en la programación del IV Festival Internacional de Entes Animados, puesto que nuestro municipio forma parte de los 8 ayuntamientos organizadores del evento.

De esta manera, mañana viernes, 23 de septiembre, a las 19:00 horas, la italiana Irene Vecchia Burratini, recalará en la Alianza Aresana con su espectáculo La Luna y Pulchinella. Ya el sábado, 24 de septiembre, a las 18:30 horas, también desde Italia llegará Di Filippo Marionette, interpretando el título Corazones de madera, en el Centro […]

Lembra que este venres 23 e o sábado 24 Ares contará con dúas actuacións inscritas na programación do IV Festival Internacional de Entes Animados, posto que o noso municipio forma parte dos 8 concellos organizadores do evento.

Desta maneira, mañá venres, 23 de setembro, ás 19:00 horas, a italiana Irene Vecchia Burratini, recalará na Alianza Aresana co seu espectáculo A Lúa e Pulchinella. Xa o sábado, 24 de setembro, ás 18:30 horas, tamén dende Italia chegará Di Filippo Marionette, interpretando o título Corazóns de madeira, no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro. As […]

Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos!

Este domingo, 25 de setembro, Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos! Se queres botar unha man e axudar na limpeza que se fará do manantial de Bordocedo, o que conecta co río dos Frades, contacta co número que pon á disposición a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina: […]

Licitados los trabajos de mejora de servicios y pavimentos en la calle San José

La obra permitirá renovar la red de saneamiento, pluviales y de abastecimiento, también llevar a cabo obras civiles en el alumbrado, electricidad y telecomunicaciones. La intervención se traducirá en una inversión de aproximadamente 170.000 euros, asumidos entre el Ayuntamiento y el POS+2022 de la Diputación de A Coruña. La Concejalía de Urbanismo acaba de informar […]

Licitados os traballos de mellora de servizos e pavimentos na rúa San Xosé

A obra permitirá renovar a rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, mais tamén levar a cabo obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A intervención traducirase nun investimento de aproximadamente 170.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar da licitación das obras […]

Plan Antifraude: Plan de recuperación, transformación e Resilencia (PRTR) fondos europeos de recuperación NextGeneratión EU – Regulamento (EU).

D. MANUEL LARROSA RODRIGUEZ. SECRETARIO DO CONCELLO DE ARES (A CORUÑA) CERTIFICA QUE: O Pleno da Corporación Municipal, en sesión ordinaria celebrada o día 01 de Agosto de 2022 adoptou o seguinte ACORDO: Punto núm. 7.- Plan Antifraude: Plan de recuperación, transformación e Resilencia (PRTR) fondos europeos de recuperación NextGeneratión EU – Regulamento (EU). Dáse […]