Quinta ruta do SendAres completada!

Comparte esta nota de prensa

Tras as anteriores rutas de Doniños-A Graña; Naharío-Penas Louseiras; Soaserra- Caaverio e Costa de Ares-Chanteiro; o programa municipal SendAres vén en completar a súa planificación deportiva en canto ás rutas da tempada de inverno a primaveira, coa realización da súa quinta expedición a pasada da fin de semana por terras da Costa da Morte.

Así, con todas as prazas cubertas, os 20 participantes inscritos na actividade fixeron un percorrido en dúas etapas (Cee e Fisterra), correspondentes ás dúas últimas etapas do Camiño de Santiago a Finisterre, nas xornadas do 20 e 21 de maio.

Unha nova iniciativa centrada en fomentar a práctica deportiva a través do sendeirismo, que ao tempo serviu para adentrarse en lugares cargados de mitoloxía e lendas, descubrir un amplo patrimonio arquitectónico-relixioso e desfrutar de paraxes naturais do máis impactantes!

Aquí embaixo podes ver algunas imaxes das xornadas

Pódeche interesar