Se queres celebrar o Día das Bibliotecas, xa sabes que podes acudir este xoves, 20 de outubro, e venres, 21, ó salón de actos da Alianza Aresana!

Comparte esta nota de prensa

Mañá teremos a Tarabela Creativa co seu contacontos “Quen ten cú, ten medo” ás 18:00 horas, unha narración máxica de lobishomes, magas, monstros e outros elementos da tradición oral galega combinados coa risa. O humor coma ferramenta para loitar contra o medo!

E o venres, tamén ás 18:00 horas, recorda que chegará Paco Nogueiras cargado de cancións e bailes de diferentes estilos musicais, transformando a biblioteca municipal de Ares nun espazo onde deixarse levar e cantar coa familia.

Pódeche interesar

Notas de prensa

A Academia AresXSaúde tamén está na rede!

Se non puideches asistir a algunha das sesións da Academia AresXSaúde ou estás interesado en temáticas vencelladas coa saúde, xa podes ver no Youtube institucional

Notas de prensa

Últimos días do MercAres 2025-2026!

A última campaña de consumo de proximidade do Concello rematará este sábado, 31 de xaneiro! Grazas a ela, nos últimos dous meses a institución local