Teresa Ribera achégase ás actuacións de eficiencia enerxética de Ares

Comparte esta nota de prensa

A ministra para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico alabou a dilixencia do Concello na posta en marcha destas iniciativas e salientou o aforro económico que supoñen. 

Nos últimos anos, o investimento destinado a aforro e eficiencia enerxética, asumido entre Goberno Central e a institución municipal aresán, sitúase preto do millón de euros.

O alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, e membros da executiva municipal recepcionaron a primeira hora da mañá de onte a Teresa Ribera, ministra para a Transición Ecolóxica, acompañada polo delegado do Goberno, José Miñones, e a directora do Instituto para a Transición Justa, Laura Martín. A ministra centrou a súa visita en analizar as diferentes inversións que se veñen de realizar nos últimos anos en materia de eficiencia enerxética na contorna de Ares, en base ó esforzo conxunto do Concello e o Goberno Central.

Dende o consistorio, onde firmou o libro de ouro do municipio, as autoridades percorreron os espazos públicos que xa se viron beneficiados das medidas de eficiencia enerxética. Achegáronse ós novos alumbrados LEDs do casco urbano de Ares, mais tamén se trasladaron á Praza da Constitución para comprobar a instalación de paneis fotovoltaicos na Casa da Xuventude ou no edificio de Servizos Sociais.

A visita rematou nas Alianzas Aresanas, onde o alcalde do municipio, Julio Iglesias Redondo, contextualizou o número de actuacións executadas, con luz verde ou en execución -en total, 7 grandes iniciativas centradas na eficiencia enerxética- e o seu peso económico –máis dun millón de euros-. Con todo, para a posta en marcha destes proxectos cobra especial relevancia a estreita colaboración entre Concello-Goberno Central, con fondos do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE) dependente do Ministerio presidido por Teresa Ribera.

Durante o acto, a ministra fixo fincapé no aforro económico que supoñen todas estas medidas para as arcas municipais e enfatizou “o impacto positivo que terán nas empresas da contorna”, a maiores de contribuír a liberar o orzamento local.

Pola súa parte, o alcalde de Ares relacionou directamente as cuestións de eficiencia enerxética cunha mirada a futuro: “ata o Concello máis pequeno pode ser exemplo de moito. E do reto da transición enerxética dependerá en gran medida como será o noso futuro e, sobre todo, o dos nosos fillos”.

O proxecto de caldeiras de biomasa, en fase de presentación; a reforma do polideportivo municipal, á espera da resolución

Das 7 actuacións en materia de aforro enerxético, 5 delas xa se atopan executadas na contorna municipal, mais as dúas últimas están en proceso de materializarse na localidade aresán. A substitución de caldeiras de gasóleo por caldeiras de biomasa no consistorio, na biblioteca municipal e o campo de fútbol Prados Vellos, por un importe de 143.661,19 €, atópase actualmente autorizado polo Ministerio para a Transición Enerxética e en fase de presentación do que será o seu proxectivo definitivo.

A maiores, a seguinte gran actuación proxectada -a reducción de demanda do consumo enerxético no pavillón polideportivo- atópase pendente de resolución; unha iniciativa que se traduciría na reforma integral do pavillón, unha das principais infraestruturas deportivas municipais, tanto en termos enerxéticos coma de iluminación e envolvente cun investimento de 516.000 euros, aproximadamente.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,