Nesta semana de transición entre o 2022 e o 2023, a vila de Ares acolleu múltiples actividades orientadas a crianzas e familias. Os máis pequenos pasáronno de rechupete no obradoiro de pastelería creativa que fixeron na biblioteca municipal ao longo do luns e do martes, pero tamén gozaron onte dos xogos nas parroquias, onde probaron todo tipo de xoguetes tradicionais.
Paty Lesta e Cristian Leggiero puxeron o punto final á xornada do mércores co piano e o acordeón no salón de actos da Alianza Aresana. Eles foron os encargados de narrar a emocionante aventura de Pinocho, con cancións inéditas da súa versión teatral.
Estas son as instantáneas que nos deixaron os tres eventos municipais!