Pantasmas, arañeiras, tumbas e outros tantos seres da noite habitan nestes días a Biblioteca Municipal de Ares, que xa está preparada para celebrar o Samaín, con todas as súas sombras e escuridade.
De feito, ao longo da semana quen visite as instalacións da Alianza Aresana poderá atopar unha escolma de lecturas terroríficas tanto para público adulto como infanto-xuvenil; historias que farán compañía nas noites longas á luz dun bo candil.
E se alguén quere retratar o momento, tamén está xa á disposición da veciñanza o photocall tematizado, que se suma ás dúas programacións que se organizarán nas próximas xornadas: o contacontos ‘A Cabaza encantada’ (7 de novembro) e o obradoiro ‘Unha biblioteca de medo’ (martes, 4, e mércores, 5 de novembro).









