Tres cantautores estarán no Mercado Municipal de Ares para ofrecer concertos en acústico durante os vindeiros martes deste mes: Luis Mera, ‘Lucky‘, que será o encargado de iniciar a programación musical este día 7 de xullo; Txetxu Altube ( 📅 14 de xullo) e ‘Oso‘ (📅 21 de xullo).
A proposta busca reivindicar a música de autor como unha experiencia que convida a deterse, escoitar e conectar coas historias detrás das cancións. Por iso mesmo os concertos estarán concibidos dende a escoita activa e atención ás letras e melodías que compartirán os artistas co público.
- Consulta toda a información en https://concellodeares.com/ares-estrea-un-ciclo-para-gozar-da-musica-de-autor-en-pequeno-formato/
- 🔗 Reserva de prazas vía telemática na seguinte ligazón: https://forms.gle/cjkHV3PcySx62ZEo6

