Ares celebrou onte por partida dobre!

Comparte esta nota de prensa

Cumpríronse 119 anos da Alianza Aresana de Instrucción, mais tamén se entregou o “I Premio Lazos Coruñeses con América Latina ao CPI As Mirandas”, o galardón da Deputación da Coruña que recoñece a calidade do traballo “Ares e Cuba, unha historia compartida. A súa pegada indeleble na nosa vila”, que realizou o alumnado do centro educativo.

O acto abriuse coas intervencións do alcalde da localidade, Julio Iglesias Redondo, e da concelleira de Cultura, Alma Barrón, e continuou coa entrega do propio premio académico ao profesorado coordinador e as alumnas e alumnos que o elaboraron: Geovanna Carvalho de Medeiros Correia, Luís Alejandro Crespo Oltra, Hugo Martínez Cortizas, Fabio Polo Leira, David Vila Villares, Iván Pena Dovale e Gonzalo Martínez Couce. Recibíronno, amais das mans dos representantes municipais, tamén de José Ramón Rioboo Castro, deputado de Desenvolvemento Territorial, convocante do premio.

Foron todos eles, os premiados/as do CPI As Mirandas, os encargados de ler a acta fundacional da Alianza Aresana de Instrucción, o documento que axuda a entender a vocación de progreso do grupo de emigrantes aresáns que a constituíron: persoas que loitaron pola mellora das clases populares e a democratización da educación na vila aresá.

O evento pechouse coa actuación teatral de A Cova do Trasno e o espectáculo musical dos Trasnochadores do Eume. Ata houbo tempo para aproveitar a iuca que se empregou no teatro de A Cova do Trasno e plantala no xardín da Alianza, homenaxeando o Día da Árbore que se celebra hoxe, 21 de marzo!

Pódeche interesar