Onte, a poeta e escritora Anna Agustí afondou no que supón escribir unha autobiografía

Ayer, la poeta y escritora Anna Agustí ahondó en el que supone escribir una autobiografía

Tomando coma referencia o proceso creativo detrás da súa primeira novela, agora traducida por ela mesma ó castelán, Qué fue de aquel abril.Unha tertulia literaria que se realizou na Alianza Aresana e estivo presentada polo xornalista Pablo J. Rañales. A obra curta de Agustí, relacionada coas particularidades das súas doenzas na infancia e adolescencia, convertése […]

Durante estes días, no Mosteiro de Santa Catalina atoparás unha exposición de 20 paneis nos que se recolle a localización, descrición e funcionalidades das baterías de costa da provincia da Coruña, unhas construcións estratéxicas e historicamente indispensables para a protección do territorio marítimo.

A día de hoxe, son miradoiros únicos dende os que contemplar a paisaxe do Golfo Ártabro. A mostra, cedida temporalmente ao Concello pola Deputación da Coruña, poderá visitarse no cenobio ata o 31 de agosto, baixo horario de 18 a 20 horas, de luns a domingo, e tamén de 12 a 14 horas os domingos […]

O rap improvisado chegará a Ares na primeira edición da Batalla de Galos do Concello

As áreas de Cultura e Mocidade presentaron esta mañá unha iniciativa que mellora a oferta lúdica destinada á xuventude. O 3 de setembro, ás 18:00 horas na Praza da Constitución, 8 freestylers galegos enfrontaranse en varias rondas de rimas e música. A concelleira de Cultura, Alma Barrón, e a edil de Mocidade, Noelia Montero, presentaron […]

Ares acolle de novo a exposición sobre os oficios do mar e a actividade litoral

Esta mostra do proxecto colaborativo «Ares e Valdoviño no mar» estará dispoñible diante da casa consistorial ata o próximo luns, 29 de agosto. O pasado mes de xuño, durante a celebración de San Xoán, veciñanza e visitantes puideron achegarse a unha exposición itinerante que debullaba a relación pasada e presente de Ares co mar, afondando […]

Hoxe toca despedir o Ares Indiano!!

Despois dunha fin de semana de viaxar ao pasado, de lembrar ás persoas que construíron o noso presente e de desfrutar, pechamos a celebración agradecendo a toda a veciñanza e visitantes a súa involucración no evento. Houbo música, caracterizacións, roteiros e unha participación máis que positiva! Edición tras edición, o Ares Indiano medra grazas ao […]

Ares rememora a pegada indiana no municipio a través da cultura e do ocio

A Alianza Aresana acolleu a inauguración oficial do V Ares Indiano, a celebración que pon o foco nos migrantes que marcharon dende a localidade á América. 28 actividades converterán a fin de semana nun viaxe de época ao pasado e unha lembranza das persoas que partiron para traballar por un futuro mellor. A Alianza Aresana, […]

Hoxe quedaron inauguradas as dúas exposicións que se estrean neste Ares Indiano e que estarán dispoñibles ata o 31 de agosto!

Por unha banda, “Inventio Mundi. Galicia nas viaxes transoceánicas dos séculos XVI-XVII”, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, unha homenaxe aos navegantes galegos e aos inicios da navegación, cedida polo Consello da Cultura Galega. Precisamente á súa apertura acudiu Rebeca Blanco, vogal do Consello. Pola outra, “Retratos de familia” de Delfín Vázquez, nun acto que contou […]

Xa tedes á vosa disposición o stand municipal deste Ares Indiano.

Un punto para atender as vosas dúbidas e adquirir, por exemplo, abanicos, gorros e ata indianitos, un novo dulce elaborado con manteiga, fariña de trigo e de maíz, chocolate e mazá con forma de baúl que comparten os concellos da Asociación de Municipios Indianos do Norte. Se desexas saber máis sobre o patrimonio indiano ou […]