Ares en marcha contra o cancro

O 11 de setembro (11:00 horas) o noso municipio contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co propio Concello! Serán 6 quilómetros de percorrido dende a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e volta ó paseo marítimo da […]

Última proxección do cine ao aire libre

Mañá, xoves, 11 de agosto ás 22:00 horas, contaremos coa última película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2022. Será a quenda de “Bella y el circo mágico”, un relato sobre a maxia da amizade ao longo dunha aventura por estrada para salvar o circo de Bella, a protagonista […]

Conferencia Abelardo Miguel, o pintor de mulleres e homes da ría de Ares

Abelardo Miguel López Leira, nado en Pontedeume, é unha figura clave á hora de retratar pictoricamente a identidade galega e, sobre todo, o mundo mariñeiro da Galicia do século XX. Para afondar na figura do pintor, o sábado, 13 de agosto, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, en colaboración co Concello, promoverá […]

A actividade “Fai clic ao teu bocata” visita o ConciliAres

Hoxe os nenos e nenas do programa municipal ConciliAres probaron un delicioso tentempé de media mañá, mentres descubrían a ampla variedade e calidade de produtos que podemos atopar no noso mar. Dous científicos mariños acudiron ás instalacións do CPI As Mirandas para contarlle aos nenos e nenas a importancia de coidar o mar e os […]

Onte, o Patronato Concepción Arenal, en colaboración co Concello, promoveu a I Edición da Ollada Migrante nas instalacións da Alianza Aresana.

Un evento que achegou culturas e historias de migración; que serviu para conectar tradicións e xentes e que contou con música, danza, gastronomía e charlas! Ao acto asistiron as concelleiras Victoria Montenegro, de Igualdade e Benestar, e Lucía Blanco, da área de Turismo. No inicio desta I Ollada Migrante, Victoria Montenegro invitou a enfocar a […]

ARES INDIANO 2022

19,20 E 21 DE AGOSTO – EXPOSICIÓNS De 11,30 a 13,30 h e de 18,30 a 20,30 h. ALIANZA ARESANA “RETRATOS FAMILIARES” Delfín Vázquez De 11,30 a 13,30 h e de 18,30 a 20,30 h. AGRUPACIÓN INSTRUTIVA DE CAAMOUCO “INVENTIO MUNDI” – OBRADOIROS COLARES E GRAVATAS DE LAZO (+ de 4 anos). Prazas limitadas. Prezo: […]

CASA IRMÁS RAMOS BUGALLO

Rúa Real, 64/66 CARACTERÍSTICAS ARQUITECTÓNICAS: Na fachada principal, séguese un eixo de simetría central nas dúas casas, aínda que se aprecian diferenzas entre elas. Na casa número 64, sobre a porta principal, hai una galería de madeira separada dos dous balcóns laterais . Na casa número 66, sobre a porta, hai un balcón unido a […]

CASA CONCHA AMADO

Avda. Gaspar Rodríguez, 84 Con tan só 13 anos, José lópez Martínez, emigra a Cuba xunto con algúns veciños. Era o ano 1894. Despois dalgunhas voltas da vida, acaba traballando nunha ferretería e pouco a pouco, e con certa prosperidade, decide remodelar a casa natal. Novamente, Domingo Pires, xunto con Domingo Viana, confeccionan motivos decorativos […]