“Descobre e xestiona a túa Alta Sensibilidade”, unha charla para coñecer e comprender as Persoas Altamente Sensibles

O Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura, organiza o vindeiro venres, 4 de setembro, ás 19:00 horas, a charla divulgativa “Descobre e xestiona a túa Alta Sensibilidade”, que terá lugar no Salón de Actos da Alianza Aresana. A sesión estará impartida por Concha Tejada, autora, comunicadora e “mentora-fareira” para Persoas Altamente Sensibles […]

Lume no Castelo e Lume no Casteliño 2026

Lume no Castelo Data: 29 de agosto Hora: A partir das 20:30 Actividade: Concerto de Blues con David L.H. & the Po’boys Nota por chuvia: En caso de chuvia, celebrarase na Agrupación Instrutiva de Caamouco. Lume no Casteliño Data: 30 de agosto Hora: A partir das 11:30 Actividade: “Cantos e contos na foresta” (Contacontos infantil […]

A Agrupación Instrutiva de Caamouco traslada ao Centro Social da Tenencia as actividades de «Lume no Castelo» e «Lume no Casteliño» por mor da previsión de chuvia

A previsión de chuvia para esta fin de semana obriga a trasladar ao Centro Social da Tenencia as actividades previstas no marco de «Lume no Castelo» e «Lume no Casteliño», organizadas pola Agrupación Instrutiva de Caamouco coa colaboración do Concello de Ares e Campo Capela. A programación dará comezo este sábado 29 de agosto, a […]

Unha xornada de pesca e tradición en Chanteiro

Compartimos algunhas imaxes do XXXIII Concurso de Pesca Deportiva, organizado polo Centro Cultural Outeiro de Chanteiro en homenaxe a Lolo do Outeiro e Andrés Pedre. 33 edicións mantendo viva esta tradición e reunindo ano tras ano a numerosos afeccionados e afeccionadas á pesca. ¡Díselle pronto! A concelleira de Deportes do Concello de Ares, Alma Barrón, […]

39ª edición da Regata Multiclase Memorial Carlos Aguilar e Teniente General Gabeiras

Compartimos algunhas imaxes da entrega de agasallos desta edición, coa presenza da concelleira de Deportes do Concello de Ares, Alma Barrón.  Unha xornada marcada polo forte vento no mar, que puxo a proba xs participantes e fixo máis complicada a regata. A pesar das condicións, especialmente os máis pequenos estiveron á altura, demostrando o seu […]

Consulta o estado da túa solicitude nas Actividades Deportivas 2026 – 2027

Desde a Concellería de Deportes do Concello de Ares informamos de que, a partir do venres 21 de agosto, poderase consultar o estado das solicitudes de participación nas Actividades Deportivas Municipais 2026/2027. As listaxes iniciais das persoas admitidas estarán dispoñibles no taboleiro de información do Pavillón Municipal, en horario de 9:00 a 13:00 horas. Ademais, […]