Os obradoiros de sensibilización dentro do proxecto “Ares e Valdoviño no Mar” encaran a súa recta final nestas últimas semanas!

Os escolares do CPI As Mirandas veñen de traballar tanto na aula como no patio contidos relacionados coa pesca local: tipos de embarcacións, diferentes técnicas de extracción do peixe, crustáceos e cefalópodos, especies que se capturan nas inmediacións O eido litoral de ambos municipios cobra especial relevancia no marco desta iniciativa compartida que tamén achega […]
As alfombras florais regresan a Ares tras dous anos de parón polo covid-19

O venres pasado representantes municipais e membros da asociación promotora presentaron a nova edición desta festa, declarada de Interese Turístico de Galicia, que se celebrará nas xornadas do 18 e 19 de xuño. Xunto ás alfombras, o Concello promoverá un concurso de decoración floral por todo o municipio. O alcalde de Ares, Julio Iglesias; as […]
PROXECTO XERAL DO SERVIZO DE “ConciliAres” (SERVIZO DE CONCILIACIÓN DO CONCELLO DE ARES PARA XULLO E AGOSTO de 2022)
INTRODUCIÓN: Galicia é un referente nas actividades de educación non formal, ocio educativo e tempo libre que se programan, de xeito maioritario, durante os meses de verán. Prográmanse centos de actividades ao longo do noso territorio co obxectivo de ofrecer un recurso de educación no tempo libre para os nenos/as e mozos/as, e de conciliación […]
Nova visita do alumnado do CPI As Mirandas a Valdoviño!

Nesta ocasión foron os rapaces e rapazas de 1º curso da ESO os que achegaron á idiosincrasia particular do municipio e á práctica de deportes actuátivos como o surf. Foi, coma na anterior actividade, no marco do proxecto «Ares e Valdoviño no Mar», que ambos os dous concellos impulsan co apoio dos GALP A Mariña-Ortegal […]
Arranca a segunda e última fin de semana da nosa ruta de tapas DegustAres 2022

Se aínda non probaches todos os pinchos do DegustAres, que saibas que mañá, 14 de maio, e o domingo tes outra oportunidade! Arranca a segunda e última fin de semana da nosa ruta de tapas para que probes, valores e decidas co teu voto os pratos gañadores. Non esquezas que cubrindo toda a folla da […]
O Concello activa o servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliAres”

O prazo de inscrición abrirá a próxima semana, pudendo achegar a documentación no Departamento de Servizos Sociais da localidade ou por rexistro electrónico na web institucional. A área de Igualdade e Benestar vén de anunciar a posta en marcha do “ConciliAres”, o servizo municipal que fomenta a conciliación durante os meses de xullo e agosto, […]
O Concello e o CPI As Mirandas promoven a segunda edición do concurso de microrrelatos escolares

Tanto a mocidade empadroada en Ares coma o alumnado do CPI As Mirandas terán a posibilidade de coller plumas e bolis e presentarse ao certame literario. Asignáronse dúas categorías, de primaria e a ESO, con premios para o gañador/a e o finalista A Concellaría de Cultura e o colexio municipal de Ares formalizaron de novo […]
Ares viaxa a Cedeira para desfrutar do espectáculo “Ás oito da tarde, cando morren as nais”

O domingo, 22 de maio, a área de Cultura repite no servizo de mobilidade do Centro Dramático Galego para facilitar o desprazamento e accesibilidade ás sesións teatrais. A inscrición para a actividade xa está aberta contactando coa biblioteca municipal da localidade. A veciñanza aresán e os interesados doutras contornas municipais terán unha nova oportunidade de […]
Últimos días para visitar a mostra de Galicia en Foco

Se estás interesado/a en achegarte a ver unha das principais exposicións de fotoxornalismo galego, aínda estás a tempo! A 30ª edición de Galicia en Foco promovida polo Club de Prensa de Ferrol estará dispoñible ata este venres, 13 de maio, de 10:00 a 14:00 horas, no piso superior da Casa da Xuventude. A mostra recolle […]
O salón de actos da Alianza Aresana acollerá a presentación do libro “El eco de tu voz”

O 13 de maio ás 19:30 horas o autor, Juan Galán, conversará coa ilustradora Susana Bermejo e a poeta Nina Pantín sobre a súa obra. A Concellaría de Cultura da localidade prosegue coa planificación e organización de presentacións literarias na Alianza Aresana, desta volta achegándose á novela de Juan Galán, “El eco de tu voz” […]
Conexións móbiles máis veloces e mellor cobertura móbil chegan a Ares co despregue das redes 5G

A nova tecnoloxía permitirá aos aresáns contar con servizos de datos móbiles de alta velocidade, mellorará a cobertura no interior de edificios e ampliará a extensión xeográfica. As operadoras de telefonía móbil Telefónica, Vodafone e Orange anunciaron recentemente o inicio da implantación en Ares das redes 4G e 5G sobre as bandas de 800 e […]
O programa “Coidados porta a porta” habilitarase en Ares durante 4 xornadas

Victoria Montenegro, concelleira de Benestar, informou recentemente das datas nas que estará dispoñible o programa “Coidados porta a porta” da Xunta de Galicia, en colaboración cos concellos, dentro da nosa contorna municipal. Ao longo do 19, 20, 23 e 24 de maio chegará este servizo dirixido ás persoas maiores de 55 anos nos que se […]