O Concello e a Xunta asinan o convenio para a futura ampliación do CPI As Mirandas

O alcalde de Ares, Julio Iglesias, e o conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, formalizaron onte o inicio dos trámites para a futura ampliación do colexio CPI As Mirandas, coa sinatura do convenio de colaboración entre ambas institucións. Adquírese así o compromiso de materializar unha mellora substancial e fundamental para a localidade, co […]

O Concello activa a penúltima ruta do SendAres na súa tempada de inverno-primavera

Hoxe, mércores 30 de marzo, ás 23.59 horas, a Organización abrirá o período de inscrición para todas aquelas persoas interesadas en desfrutar da costa de Ares-Chanteiro. A actividade levarase a cabo o 24 de abril, percorrendo parte do itinerario das rutas turístico-deportivas do Concello, e terá un custe de 10 euros, xa co transporte de […]

O Concello organiza un acto para amosar o seu apoio ao pobo ucraíno

Durante a mañá do domingo, 3 de abril, a Praza da Constitución de Ares acollerá a lectura dunha declaración institucional a prol de Ucraína, xunto coa actuación da banda de música da asociación cultural Xábrega. O evento súmase a outras accións promovidas polo ente municipal, dende a concentración na entrada do consistorio á campaña de […]

A Asociación Española contra o Cancro de Ares presenta á súa xunta local

O evento celebrarase o próximo venres, 1 de abril, ás 19.30 horas no salón de actos da Alianza Aresana. Incluirá unha charla para afondar nos servizos e programas de apoio da organización sen ánimo de lucro, centrada na loita do cancro na nosa sociedade. A sede en Ares da Asociación Española contra o Cancro avanza […]

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) estrea “BEBeGALe”, un espazo web para que os pequenos e pequenas gocen do galego

Iolanda Gomis, a técnica de normalización lingüística do Servizo compartido entre Ares, Cabanas, Mugardos, Neda e Valdoviño presentou nestas últimas xornadas un apartado web destinado aos nenos e nenas de 0 a 4 anos. “BEBeGALe” é un recompilatorio de contos narrados e musicados, curtas de animación e outros tantos contidos divertidos en galego con amables […]

Rematados os traballos para renovar a iluminación nas áreas de Redes e Ares

A intervención mellora notablemente a eficiencia enerxética do municipio, substituíndo as luminarias por unhas novas de tipo LED. Tamén supoñen unha das últimas obras relacionadas coa procura da sostibilidade do municipio, cun orzamento que ascendeu a 320.128,71 euros entre fondos municipais e o Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE). A Concellaría de […]

Recollida de sinaturas polo transporte metropolitano

A campaña municipal para reivindicar unha mellora do servizo e das conexións de Ares a través do transporte público de autobuses xestionado por UTE Hércules Norte segue activa. Lembramos que se pode asinar o documento na casa consistorial, no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro e tamén no CIRS de Cervás, entre outros espazos. As sinaturas […]

O Concello recupera o lavadoiro do río Baixolo en Seselle

Esta mesma semana finalizou a súa rehabilitación, dignificando así unha construción con relevancia patrimonial, cultura e etnográfica procedente de 1928. Olimpia Marcos, concelleira de Urbanismo, e José Juan Vilar, edil de Obras, supervisaron o remate dos traballos no día de onte.  O lavadoiro de Baixolo, construído na época indiana e unha parte fundamental da memoria […]

Terceira ruta do SendAres completada!

Esta fin de semana, os 20 sendeiristas do noso programa municipal exploraron as contornas de Soaserra e Caaveiro nun itinerario circular de 14,5 quilómetros! E houbo tempo de desfrutar da riqueza natural das Fragas do Eume co tentempié necesario no mosteiro de Caaveiro. Aquí embaixo atoparás algunhas das fotografías do vivido este sábado pasado. Lembra […]