Comezan as visitas guiadas no Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes

O Concello iniciou esta semana as visitas guiadas en dous lugares de gran valor patrimonial para a localidade: o Mosteiro de Santa Catalina e o alboio de Redes. Estas actividades turísticas realízanse polo persoal técnico, en horario matutino, de 11:00 a 13:00 horas, sen ningún custo. De agora en diante, os percorridos guiados polo Mosteiro […]

Ares organiza cine de verán ao aire libre para toda a familia

En colaboración coa Deputación da Coruña e a secretaría xeral de política lingüística, a Concellería de Cultura preparou unha nova edición desta actividade, que forma parte da programación cultural local desde fai máis de dez anos. A proposta está dirixida principalmente a un público familiar e contará con películas de animación e comedia aptas para […]

Aínda estás a tempo de apuntarte!

Se te interesa a fotografía, durante as xornadas do 14 e 15 de xullo, terás a oportunidade de participar nun evento especializado en Ares. Trátase do VI Congreso de Fotografía de Longa Exposición, organizado pola Asociación de Fotografía de Ferrolterra, que se desenvolverá durante as dúas xornadas, en horario de tarde, no mosteiro de Santa […]

O servizo do “ConciliAres” inicia as súas actividades

Este luns, a área de Benestar e Igualdade puxo en marcha o programa de conciliación laboral e familiar do “ConciliAres”. Este servizo está dirixido a nenos e nenas de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, ofrecendo 50 prazas por quincena e enfocándose no coidado dos máis pequenos. Durante as mañás de xullo […]

XXVI TRAVESÍA A NADO RÍA DE ARES

RESULTADOS: Tempos da XVI Travesía a nado Ría de Ares 2023 en pdf SÁBADO 22 DE XULLO DE 2023, 18:00 H. NA RAMPA GRANDE DE ARES Inscricións: https://forms.gle/JgCF4YYDrwUqZS2t6 (Peche de inscricións, prazas esgotadas) Ademáis, o mesmo día da proba disporanse ata 25 prazas para participar que cubriranse por rigorosa orde de inscrición na Rampa Grande […]

O Concello anuncia o XVI Concurso de Pintura Manuel Rebón

Unha vez máis, a área de Cultura do municipio organiza este certame artístico, premiando con máis de 2.000 euros en total. Do 4 ao 12 de setembro recibiranse obras de temática libre, creadas con óleo ou acrílico. Durante o acto celebrado esta mañá no consistorio local, Alma Barrón, concelleira de Cultura, e Paula Fojo, presidenta […]

A Travesía a Nado Ría de Ares celebrará a súa XXVI Edición

As inscricións abriranse mañá, 5 de xullo, ata esgotar as prazas habilitadaspor esta vía. O Concello anunciou a próxima celebración da XXVI Edición da Travesía a nado Ría de Ares, un evento que logrou consolidarse nos seus vinte e cinco anos de historia. A organización resaltou o seu enfoque popular en lugar de competitivo, co […]