A concelleira de Turismo e Patrimonio, Lucía Blanco, asistiu onte á xornada inaugural do congreso internacional “Apuntando ao mar” sobre as defensas costeiras da Costa Ártabra.

Organizado pola Deputación provincial da Coruña coa colaboración dos concellos de Ares, Ferrol e Valdoviño, reunirá estes días na cidade naval a expertos nacionais e de diferentes países europeos, que achegarán a súa visión sobre as defensas da costa ao longo da historia e o seu potencial como polos de dinamización turística. De feito, a […]
Nova charla divulgativa no Centro de Saúde de Ares

Os profesionais sanitarios do Centro de Saúde de Ares organizarán o mércores, 15 de febreiro, ás 13:00 horas unha sesión informativa centrada sobre a alimentación en diabetes! Se estás interesado/a en aprender da man de expertos algo máis sobre bos hábitos e pautas a seguir no contexto desta afectación alimentaria, inscríbete no mesmo mostrador do […]
O 3 de marzo poderás renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na Biblioteca Municipal de Ares!

Se estás interesado/a en facelo, lembra que tes que concertar a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, de 9:00 a 14:00 horas, e de 16:30 a 19:30 horas. Ten en conta que podes realizar a túa renovación ata 6 meses […]
Ares aproba a distribución de fondos do POS+2023, que mellorará a infraestrutura na contorna do Porto e urbanizará o camiño de Maiobre

A intervención principal, a que atinxe ao Porto, suporá un investimento de 207,792,92 euros, divididos entre a Deputación, con cargo a este POS, e o mesmo Concello. A urbanización do camiño de Maiobre, en Lubre, introducirase no Plan Complementario cunha aportación económica total de case 70.000 euros entre ambas administracións. A corporación municipal vén de […]
Cursos de informática básica e primeiros pasos na ofimática

Cada un contará con dúas sesións á semana de hora e media de duración, en horarios de mañá ou tarde en función da dispoñibilidade dos inscritos/as. Os grupos serán de 12 persoas máximo e partirase dun prezo de 21,75 euros para os adultos e 14, 50 euros para os menores. As persoas interesadas xa poden […]
AVISO Servizo de Augas 08/02/2023

Comunicamos a todos os usuarios que maña xoves, día 9 de febreiro, debido a TRABALLOS NA REDE XERAL DE ABASTECEMENTO, o tramo da rúa San Xosé ata o cruce coa rúa dos Anxos sufrirá un corte de subministro de auga potable, dende o inicio das obras, previsto ás 9.30 horas, ata a finalización das mesmas. […]
Ares estrea a súa primeira área de calistenia nas inmediacións do parque Rosalía

A concelleira de Deportes, Noelia Montero, inaugurou onte o novo equipamento deportivo ó aire libre e aludiu ó cumprimento “dunha demanda constante por parte de moitos colectivos e clubs do municipio”. Todo listo no pulmón verde do núcleo urbano de Ares, o parque Rosalía, para que a veciñanza poida desfrutar da área de calistenia que […]
Pleno do día 6 de febreiro 2023
Pleno Municipal Sesión ordinaria Descargar en pdf
Pleno do día 6 de febreiro 2023
Pleno Municipal Sesión extraordinaria Descargar en pdf
O punto limpo móbil do Concello xa está instalado en Redes!

A veciñanza poderá depositar nel durante toda esta semana os seguintes residuos domésticos: Pilas e baterías. Lámpadas e tubos fluorescentes. Aceites minerais. Aceites vexetais. Pequenos electrodomésticos. Roupa e calzado. Aproveita e desfaite do que non precises para que poida ser tratado adecuadamente!
Durante a xornada do sábado, 4 de febreiro, a cor verde iluminou a fachada da casa consistorial de Ares en homenaxe ao Día Mundial contra o Cancro, celebrado ao longo dese mesmo día.

Un xesto simbólico que desexa apoiar publicamente a todos os pacientes e familias que afrontan esta enfermidade.
A Alianza Aresana acolleu esta mesma mañá a charla informativa do programa “La Administración cerca de Ti”, promovido pola Subdelegación do Goberno de España na Coruña cun obxectivo moi claro

Facilitar á veciñanza dos concellos máis pequenos a realización de trámites telemáticos coa Administración General del Estado (AGE) sen desprazarse. As funcionarias e funcionarios achegáronse ata Ares para informar sobre algún dos elementos da administración electrónica, como é o caso da carpeta cidadán ou o propio concepto das credenciais dixitais (Cl@ave, certificado electrónico), o recurso […]