O Concello lanza 8 obradoiros para veciñanza e 6 para comercios locais centrados na dixitalización
No marco do programa Rural TIC impulsado polo Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, a administración local comprométese coa formación en novas tecnoloxías e a mellora do posicionamento virtual das empresas de Ares. Durante as semanas que abranguen do 15 de abril até o venres, 26 deste mes, a vila acollerá unha oferta de […]
RURAL TIC ARES 2024
A Concellaría de Tecnoloxías da Información e Comunicación (TICS) de Ares desvelou a oferta de cursos que se poñen a disposición da veciñanza e tecido empresarial no marco do programa Rural TIC do Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana. Os obradoiros terán lugar entre o 15 de abril ata o venres, 26 deste mes. […]
Punto limpo móbil instalado en Pedrós
O punto limpo móbil xa está dispoñible en Pedrós para a recollida de residuos especiais: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Contribúe ti tamén ó coidado do medioambiente!
Un relatorio para ollar a transformación de Ares
O investigador Xurxo Antelo debullou o venres pasado a evolución de Ares entre 1940-1970 no marco do seu relatorio ‘Vida e vivenda mariñeira‘. Fíxoo no salón de actos da Alianza aresana, onde amosou como a chegada e amplificación do turismo tivo unha pegada na localidade, como tamén o tiña a tradición mariñeira na morfoloxía e […]
A vila de Ares acolle a charla divulgativa “Adultos maiores: como activarnos?” o próximo venres, 12 de abril
A ponencia, organizada polas Concellarías de Deportes e Benestar, realizarase ás 19:00 horas no salón de actos da Alianza Aresana, no marco da iniciativa Academia AresXSalud. O psicólogo e educador físico Jose Antonio Barcía Tucceli debullará como existen pequenas decisións no día a día que poden mellorar a nosa calidade de vida, amais de comprender […]
Contacontos na Biblioteca Municipal
Mañá, martes, 9 de abril, ás 18:00 horas terá lugar a sesión de contacontos ‘Que contan as árbores? que achegan dende a Biblioteca Municipal de Ares e que se desenvolverá nas instalacións da Alianza Aresana. Esta é unha actividade de balde para os nenos e nenas de 5 a 10 anos e que se enmarca […]
Nova xuntanza do club de lectura do Concello
Unha travesía pola perda, mais tamén un canto á forza inesperada do amor son o fundamento de El olor del bosque (Errata Naturae, 2020) o último libro escollido polo club de lectura municipal coma compañía do mes de marzo e que comentaron este venres pasado na Alianza Aresana. A través da prosa de Hèlene Gestern, […]
Bases da nova edición do DegustAres, o concurso de tapas municipal, que recalará na vila aresá este mes de abril
O Concello de Ares organiza unha acción promocional baixo o nome de Degustares 2024. BASES DE PARTICIPACIÓN 1- OBXECTO: O obxecto destas bases é a participación de todos aqueles establecementos hostaleiros en activo de Ares que habitualmente sirvan pinchos e/ou tapas aos seus clientes, dando a coñecer a riqueza gastronómica e as distintas propostas dos […]
A nova edición do DegustAres, o concurso de tapas municipal, recalará na vila aresá este mes de abril
O roteiro de pinchos para gozar da gastronomía local organizarase durante dúas fins de semana: a do 13 e 14 de abril, mais tamén o sábado, 20, e domingo, 21, de abril. A concelleira de Comercio, Lucía Blanco, presentou a edición deste 2024 convidando a sumarse a esta experiencia que incentiva o consumo e dinamiza […]
O grupo Naturgy anuncia unha serie de cortes de subministro eléctrico durante os días 8 e 10 de abril
JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTE FAI SABER: A empresa ufd grupo Naturgy vén de remitir unha comunicación ao Concello, informando que os próximos días 8 de abril, de 02:00 a 04:00 horas, e 10 de abril, de 00:00 a 02:00 h. e de 02:00 a 04:00 h., […]
Últimas prazas para asistir á obra ‘Os actos e as profecías’ do Centro Dramático Galego
Se estás interesado/a en sumarte á visita a Santiago de Compostela que propón a Concellaría de Cultura para achegarse ó espectáculo teatral ‘Os actos e as profecías’ o próximo 13 de abril, aínda estás a tempo de reservar unha praza. Ante a alta demanda da veciñanza, o Concello fletou un autobús propio que ampliou as […]
O Concello adhírese á Asociación Galega de Apicultura (AGA) na súa campaña para iniciar o trampeo contra a velutina
O Concello de Ares vén de sumarse ao chamamento que realiza a delegación en Ferrolterra de AGA, a Asociación Galega de Apicultura, no que convida á veciñanza a comezar coa realización de trampeos contra a vespa velutina. Tendo en conta que esta tipoloxía de avespas comezan a saír do seu letargo invernal nestas datas, é […]