Dispositivo de tráfico e itinerario da XX Carreira Popular de Fin de Ano Ares-Mugardos

A Policía Local vén de informar das vías que se verán afectadas polo dispositivo especial de tráfico e seguridade vial por mor da XX Carreira Popular de Fin de Ano que promoven os concellos de Ares e Mugardos o vindeiro 28 de decembro. Haberá cortes temporais e desvíos para facilitar a realización da proba ao […]
Ares pecha con éxito a IV etapa da Liga Galega de Patinaxe Freestyle

O pavillón polideportivo municipal converteuse esta fin de semana no escenario da última xornada da Liga Galega de Patinaxe Freestyle, unha cita decisiva que serviu para definir o campionato, finalmente conquistado polo club Alquimia Inline, organizador da proba. Durante toda a xornada do sábado, Ares gozou dun bo ambiente con patinadores e patinadoras amosando as súas destrezas […]
Ares contará cun evento en recordo do veciño Lucas Seijo Fernández

O pavillón polideportivo municipal acollerá o sábado, 18 de outubro, en horario de mañá, unha exhibición de infline freestyle coas compañeiras e compañeiros de Lucas, falecido en setembro de 2024, e tamén unha exposición de LSC. Será un adianto do que chegará na Lucas Slalom Cup 2026, certame deportivo igualmente destinado a lembrar ó veciño […]
O obradoiro dual de emprego Reinicia clausura a súa undécima edición

Vinte alumnos traballadores remataron a súa formación teórica-práctica e recibiron os seus respectivos certificados de empregabilidade. Representantes dos Concellos de Mugardos e Fene, amais da Delegación Territorial da Xunta en Ferrol, acudiron hoxe á Alianza Aresana para realizar o acto institucional de peche. O salón de actos da Alianza Aresana acolleu esta mesma mañá […]
Ares viaxa ao pasado para coidar da súa memoria colectiva arredor da migración

Representantes das principais institucións involucradas na oitava edición do Ares Indiano, mais tamén dos axentes colaboradores e patrocinadores, inauguraron esta mañá o evento na Alianza Aresana, símbolo dos esforzos feitos polos indianos a prol da democratización educativa. Durante esta fin de semana, o municipio contará con multitude de actividades lúdico-culturais para recoñecer e homenaxear a […]
VIII Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares 2024

O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza a través das imaxes, espertando a capacidade de observar todo o que lles rodea e recoñecerse en pequenas historias e/ou paisaxes que dean conta do seu vencellamento cunha memoria colectiva deste pobo. En concreto, […]
Inventario e valoración da avifauna do concello de Ares

O presente informe redáctase a petición da Concellería de Turismo, Emprendemento, Patrimonio e Mobilidade do Concello de Ares. O alcance e contidos do presente traballo foron concretados durante o mes de abril de 2022, seleccionando a opción 1 entre tres alternativas propostas, opción consistente na elaboración dun listado valorado e comentado de aves presentes no […]
PLAN DE IGUALDADE ENTRE MULLERES E HOMES 2022-2026
A igualdade de xénero non só é un dereito humano fundamental, senón que é un dos fundamentos esenciais para construír un mundo pacífico, próspero e sostible, tal e como indica a Axenda 2030 de Nacións Unidas. Son moitas as sociedades que recoñecen formalmente este dereito, pero é imprescindible que a igualdade traspase a formalidade e […]
PERIODO MEDIO DE PAGO A PROVEEDORES
PERIODO MEDIO DE PAGO GLOBAL A PROVEEDORES TRIMESTRAL CUARTO TRIMESTRE ANO 2025 Periodo Medio de Pago Global a Proveedores Trimestral * (En días) Periodo Medio de Pago Global a Proveedores Trimestral Ares 27,37 * Cando o dato reflíctese entre paréntese refírese a un importe negativo, representativo ben dunha maior celeridade, en termo medio, no pago […]
Pleno do día 26 de setembro 2022
Pleno Municipal Sesión ordinaria Descargar pdf
Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 20 de setembro, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores habituais para o depósito de lixo. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.
Resultado primeira proba para a creación dunha listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes ou ausencias que se poidan dar nos postos de Limpiador/a Municipal
ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAIS VACANTES OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NOS POSTOS DE LIMPIADOR/A MUNICIPAL PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 10:30 horas do día 9 de setembro de 2022, […]