Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 16 de agosto, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso, ao carón dos contedores de lixo habituais. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes.  

Finalizan os traballos de reparación da cuberta da cociña no Mosteiro de Santa Catalina

As obras recuperaron o estado orixinal da propia cuberta do cenobio anterior á reforma de carácter militar e supuxo o arreglo dunha superficie de 162 metros cadrados. A maiores do planificado no proxecto inicial, durante a actuación atopáronse elementos con valor patrimonial: letrinas orixinais, un forno ao carón da cambota e a canalización antiga dende […]

Ares e Mugardos renovan o equipamento deportivo do Complexo Acuático do Castro

Ao longo desta semana instaláronse tres bicicletas elípticas, tres bicicletas estáticas e tres cintas de correr na súa sala de ximnasio As instalacións do Complexo Acuático do Castro, de titularidade compartida entre os Concellos de Ares e de Mugardos, contan dende os inicios desta semana con nova maquinaria no seu ximnasio, tras a renovación acometida […]

Un centenar de nenos e nenas súmanse ó Concurso de Castelos de Area municipal

A vixésimo segunda edición desta iniciativa volveu á praia do Xuncal despois da interrupción por mor da pandemia. Preparados coas palas, os cubos e a compañía dos monitores e monitoras, a mocidade da vila achegouse ata a praia do Xuncal para participar no XXII Concurso de Castelos de Area promovido pola Concellaría de Cultura e […]

AVISO: Corte de Auga 12-08-2022

O Servizo Municipal de Augas informa de que mañá, venres, 12 de agosto, se procederá á interrupción temporal do subministro desde as 08:30 horas ata a finalización das obras de reparación dunha fuga. O corte abarcará o núcleo rural de Seselle e na marxe dereita da estrada DP0401 (Ares- Redes) desde o cruce da avenida […]