As Sereas das Mirandas, o primeiro equipo de remo terapéutico a nivel galego, arranca coa súa actividade

Esta mesma semana, as mulleres que forman parte desta iniciativa de rehabilitación física e mental coñeceron a tipoloxía de embarcación que empregarán, un catro de mar, e iniciaron os exercicios nos ergómetros. As instalacións do Club de Remo de Ares acolleron nestas últimas datas unhas xornadas especiais: tanto este martes, 9 de agosto, coma durante […]
Unha Praza do Pedregal repleta para ver o desfile da marca Chula Fashion!

O traballo de Laura Fontán e Diego Cortizas despregouse onte coa súa característica variedade de formas, cores e deseños e poñendo en relación a cultura española coa vietnamita. Unha mostra de moda que se basea, ademais, no concepto “slow fashion” e na produción sostible, ética e inclusiva. O desfile foi tamén unha homenaxe a Diego, […]
O Concello anuncia as actividades deportivas municipais que se ofertarán a partir de setembro

Abriranse dous procesos de inscrición: un hoxe, 10 de agosto en adiante para os empadroados/as e outro, xa o 24 de agosto en adiante, para os non empadroados/as, ambos ata completar grupos. A Concellaría de Deportes vén de informar sobre as actividades municipais que se porán a disposición da veciñanza xa dende o 1 de […]
Ares en marcha contra o cancro

O 11 de setembro (11:00 horas) o noso municipio contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co propio Concello! Serán 6 quilómetros de percorrido dende a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e volta ó paseo marítimo da […]
Última proxección do cine ao aire libre

Mañá, xoves, 11 de agosto ás 22:00 horas, contaremos coa última película que compón o ciclo de cine ao aire libre do noso VeraneAres 2022. Será a quenda de “Bella y el circo mágico”, un relato sobre a maxia da amizade ao longo dunha aventura por estrada para salvar o circo de Bella, a protagonista […]
Conferencia Abelardo Miguel, o pintor de mulleres e homes da ría de Ares

Abelardo Miguel López Leira, nado en Pontedeume, é unha figura clave á hora de retratar pictoricamente a identidade galega e, sobre todo, o mundo mariñeiro da Galicia do século XX. Para afondar na figura do pintor, o sábado, 13 de agosto, a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, en colaboración co Concello, promoverá […]
Exposicións, tres roteiros, concertos, actuacións de rúa… o Ares Indiano recupera a súa programación prepandemia

O Concello vén de presentar todas as actividades que se promoverán durante o venres, 19, sábado, 20 e domingo, 21 de agosto, nun evento xa consolidado na comarca coma referencia na celebración indiana. A concelleira de Cultura, Alma Barrón, desvelou esta mañá a programación da nova edición do Ares Indiano, a festa que afonda no […]
A actividade “Fai clic ao teu bocata” visita o ConciliAres

Hoxe os nenos e nenas do programa municipal ConciliAres probaron un delicioso tentempé de media mañá, mentres descubrían a ampla variedade e calidade de produtos que podemos atopar no noso mar. Dous científicos mariños acudiron ás instalacións do CPI As Mirandas para contarlle aos nenos e nenas a importancia de coidar o mar e os […]
Con máis de 20 anos de experiencia sobre os escenarios, o Mago Xacobe chega ao CIRS Cervás cun show baseado no humor, a participación do público e o coidado na presentación!

Trátase, pois, dunha boa experiencia para a familia e os amantes da maxia e dos trucos que se producirá o sábado, 13 de agosto, ás 20:00 horas. Esta actividade materialízase a través do esforzo conxunto do Concello de Ares, o CIRS de Cervás e a Rede Cultural da Deputación da Coruña.
Onte, o Patronato Concepción Arenal, en colaboración co Concello, promoveu a I Edición da Ollada Migrante nas instalacións da Alianza Aresana.

Un evento que achegou culturas e historias de migración; que serviu para conectar tradicións e xentes e que contou con música, danza, gastronomía e charlas! Ao acto asistiron as concelleiras Victoria Montenegro, de Igualdade e Benestar, e Lucía Blanco, da área de Turismo. No inicio desta I Ollada Migrante, Victoria Montenegro invitou a enfocar a […]
Moda, música, cine, roteiro por Redes e ata a festa do percebe en Lubre!

Esta semana a axenda chega completa e variada para que ninguén fique sen desfrutar das actividades do VeraneAres 2022. Consulta aquí abaixo os eventos culturais e deportivos que terás á túa disposición dende mañá, mércores, ata o domingo, 14 de agosto.
O Mosteiro de Santa Catalina acollerá o concerto da banda de música Charamela

O venres, 12 de agosto, temos unha cita coas versións de cancións pop-rock da banda de música Charamela, dende Pontedeume! O Mosteiro de Santa Catalina será o espazo elixido para promover esta actuación, organizada conxuntamente a través do Concello de Ares, a Deputación da Coruña e a Asociación de Amigos do Mosteiro. Xa sabes: esperámoste […]