Ante a demanda da actividade dentro do programa de “Xuventude Verán Activo”, o volei-praia chegará a Ares con máis grupos e un horario ampliado.

A través da colaboración do Concello co Club Narón-Volea, todos os luns e mércores haberá oportunidade para practicar deporte na praia nun horario que se compatibilice co uso dos areais! Xa podes inscribirte nos teléfonos habilitados polo Club Narón-Volea: 657 696 654 // 656 333 719.
Que podes facer esta semana en Ares?

Pois haberá danza, cine, unha mostra de folclore e ata o tradicional mercado veciñal! Bota unha ollada á axenda cultural que deixamos aquí embaixo para coñecer con máis detalle todas as actividades.
O VeraneAres Deportivo comeza cos seus campamentos urbanos e as primeiras sesións de grappling

O núcleo urbano da vila acolleu esta mañá o inicio oficial da programación relacionada co VeraneAres2022 promovido pola área de Deportes do Concello, simultaneando a posta en marcha dos campamentos urbanos, no pavillón polideportivo municipal, e a programación de “Xuventude Activa”, nesta ocasión no Casino de Ares. Por unha banda, os campamentos urbanos actuarán coma […]
A área de Benestar e Igualdade arranca co servizo do “ConciliAres”

Esta mesma mañá, o Concello iniciou a programación de conciliación laboral e familiar, inscrita dentro do “ConciliAres”, o principal servizo destinado para nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, con 40 prazas por quincena, e co foco posto no coidado dos máis pequenos. Ao longo das mañás de xullo e agosto, os nenos […]
Listaxe aprobados para a provisión en réxime laboral temporal de 7 peóns para os Servizos Municipais de Limpeza de Praias Verán 2022
ANUNCIO CONTRATACIÓN DE 7 PEONS PARA O SERVICIO LIMPEZA-PRAIAS. APROBADOS: 1.- RAMON GARCIA TORRENTE. 2.- JAVIER LOPEZ ROCA. 3.- RACHID BECHROURI. 4.- MONICA FERNANDEZ AMBROA. 5.- JESUS BARDANCA GARCIA. 6.- CARMEN RIOS LOUREIRO. 7.- JOSE MANUEL VILAR PEREIRA. SUPLENTES. 1.- D. JESUS ANGEL GARROTE FERNANDEZ. 2.- D. SANTIAGO ROMERO CARTELLE. Ares, 29 de Xuño de […]
A Travesía a Nado Ría de Ares celebrará a súa XXV edición

O evento deportivo chega con novidades tras a pandemia, buscando un maior atractivo e mantendo o seu carácter popular. As inscricións abriranse mañá, 1 de xullo, ata esgotar as prazas habilitadas por esa vía. A concelleira Victoria Montenegro, a presidenta do Club Natación Ferrol, Victoria Jiménez, e Bruno Rodríguez, por parte de Serviocio, presentaron esta […]
Xa en xullo, tanto a biblioteca municipal de Ares coma a Casa da Xuventude contarán cos seus respectivos horarios de verán

Poderás acudir ás dúas instalacións nas seguintes franxas horarias: BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ARES (Xa vixente) De luns a venres: de 9:00 a 14:00 horas. CASA DA XUVENTUDE (En vigor dende o luns, 4 de xullo) De luns a venres: de 9 a 14:00 e de 20:00 a 22:00 horas. Sábados: de 12:00 a 14:00 horas.
Se tes ganas de desfrutar da música, do baile e do deporte, lembra que a próxima semana arrancan dúas actividades moi interesantes para ti que son totalmente de balde!

O martes, 5 de xullo, tocará moverse con ritmos latinos e o xoves, 7, poderás terminar con zumba. Ambas programacións realízanse de 20:30 a 21:30 na Praza da Constitución de Ares. Xa podes inscribirte no 981 448 057 ou na propia Alianza Aresana ata as 11:00 horas do día anterior a cada actividade. Non quedes […]
O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de entregar os 3 desfibriladores adquiridos polo Concello á Policía Local

O edil de Seguridade, José Juan Vilar, vén de entregar os 3 desfibriladores adquiridos polo Concello á Policía Local, despois da xornada de formación técnica que se impartiu en abril, organizada conxuntamente entre a área municipal de Seguridade e a Policía Local de Ares e na que se achegaron coñecementos tanto de reanimación cardiopulmonar (RCP) […]
Finalizan as obras de conexión da rede de abastecemento no Mazote coa rúa María e a Real

A Concellaría de Obras vén de informar do remate esta semana da conexión da rede de auga potable na zona do Mazote coas rúas María e Real, unha intervención que afectou á intersección da Avenida Federico García Expósito na súa marxe con ambas vías. As obras, segundo o contextualizado polo edil José Juan Vilar, responde […]
O Concello amplía o número de prazas de uso libre, xunto co de parkings públicos, dentro do sistema de regulación do tráfico estival

Este verán tamén haberá dúas novas áreas municipais de estacionamento no núcleo urbano de Ares e unha redución das zonas azuis -de pago- próxima ó 50 %. O acceso ós areais de Chanteiro, O Raso e Seselle eliminará as restriccións impostas no seu momento polos condicionantes sanitarios. Dende o 1 de xullo ata o 31 […]
Dende mañá, mércores 29 de xuño, poderás recoller os dispensadores de bolsas para excrementos das mascotas na entrada da casa consistorial!

Repartiranse preto de 300, coma parte da campaña de concienciación que promove a Concellaría de Medioambiente e que tamén conlevou a colocación de varias sinalizacións polos espazos verdes de Ares.