A área de Igualdade e Benestar lembra que o prazo de inscrición no servizo de conciliación laboral e familiar, “ConciliAres”, rematará o próximo martes, día 31.

O ConciliAres destínase a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos, habilitándose 40 prazas por quincena, durante os meses de xullo e agosto. Para formalizar a inscrición, deberá achegarase a documentación requirida no Departamento de Servizos Sociais da localidade, en horario de 9:00 h. a 14:00 h., ou por rexistro […]

Quinta ruta do SendAres completada!

Tras as anteriores rutas de Doniños-A Graña; Naharío-Penas Louseiras; Soaserra- Caaverio e Costa de Ares-Chanteiro; o programa municipal SendAres vén en completar a súa planificación deportiva en canto ás rutas da tempada de inverno a primaveira, coa realización da súa quinta expedición a pasada da fin de semana por terras da Costa da Morte. Así, […]

Entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos

A Alianza Aresana acolleu na tarde de onte o acto de entrega de premios do II Concurso de Escritura Creativa de microrrelatos, promovido polo Concello e o CPI As Mirandas, enmarcado dentro da programación cultural das Letras Galegas e no que participaron un total de 104 alumnos, divididos en dúas modalidades, a de “Primaria” (4º, […]

A fin de semana supuxo o peche da programación cultural das Letras Galegas 2022

O grupo A Tajea ofreceu o sábado na Alianza Aresan un concerto co seu característico selo, poñendo coas súas letras un aire novo e fresco á música tradicional. Mentres o domingo tocou saír de viaxe a Cedeira para asistir á obra teatral “Ás oito da tarde, cando morren as nais”; unha peza escénica cunha ollada […]

Hoxe arrancaron as xornadas de “Rural-Lab Ferrolterra” que converten a Ares no municipio anfitrión dunha conversa centrada na innovación e o desenvolvemento sostible

Hoxe arrancaron as xornadas de “Rural-Lab Ferrolterra” que converten a Ares no municipio anfitrión dunha conversa centrada na innovación e o desenvolvemento sostible. O Salón de Actos da Alianza Aresana acolleu a primeira actividade, a sesión da “Aula Gabeiras”, para afondar nas oportunidades de dixitalización na contorna rural. Mais isto non acaba aquí! Mañá despregarase […]

A Serea das Mirandas descansa xa na lengüeta do paseo marítimo

Esta mesma mañá descubriuse unha nova escultura colocada no núcleo urbano de Ares: a famosa serea das illas das Mirandas repousa sobre unha das históricas ramplas do paseo marítimo para recibir a toda a veciñanza e turista que desexe coñecer a súa lenda. Dende as profundidades da ría, o animal mitolóxico emerxe e lembra a […]

O Concello presenta o Campus de Verán 2022 da Fundación Celta

A iniciativa desenvolverase do 18 ao 22 de xullo no campo de fútbol municipal de Prados Vellos para os nenos e nenas entre 4 a 16 anos. As persoas interesadas poden consultar toda a información e inscribirse en https://rccelta.es/mais-celta/campus/ Esta mesma mañá, autoridades municipais e deportivas presentaron unha nova edición do Campus de Verán da […]

Ares acolle a presentación de “Rural Lab-Ferroterra”, un proxecto piloto de sustentabilidade e innovación para Montefaro

O evento comezará cunha sesión sobre dixitalización na contorna rural e continuará cunhas xornadas participativas no Mosteiro de Santa Catalina de Montefaro. As persoas interesadas en acudir presencial ou dixitalmente teñen a disposición a seguinte dirección de correo electrónico: info@fundaciongabeiras.com Os próximos 20 e 21 de maio terá lugar no municipio de Ares a presentación […]