Tecnoloxía e divulgación danse da man en Ares durante as próximas dúas semanas

Onte a Casa da Xuventude do municipio acolleu a inauguración do programa Rural TIC, un conxunto de obradoiros promovidos polo Concello totalmente de balde para axudar a que a veciñanza e o tecido empresarial aresán aprendan a manexarse na Internet. A vila acollerá ao longo deste martes, mércores e xoves, de 17:30 a 19:00 h., […]
Punto limpo móbil instalado en Besoxo

Esta semana, o punto limpo móbil do Concello atópase na contorna de Besoxo. Lembra que alí podes depositar: Pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; roupa e calzado e pequenos electrodomésticos. Aproveita esta localización para contribuír ao coidado do medio ambiente e xestionar responsablemente os teus residuos!
Presentación da novela gráfica ‘Cinza’, de Manel Cráneo

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o venres, 19 de abril, ás 19:30 horas, o acto de presentación de ‘Cinza’ , un cómic do ilustrador Manel Cráneo que adapta a novela ‘A nosa cinza’ do escritor Xavier Alcalá, xa considerada coma un dos grandes best-sellers da literatura galega. O acto de presentación enmárcase […]
Xavier Alcalá e Manel Cráneo chegan a Ares este venres para presentar a novela gráfica ‘Cinza’

O salón de actos da Alianza Aresana acollerá o venres, 19 de abril, ás 19:30 horas, o acto de presentación de ‘Cinza’, un cómic do ilustrador Manel Cráneo que adapta a novela ‘A nosa cinza’ do escritor Xavier Alcalá, xa considerada coma un dos grandes best-sellers da literatura galega. Cráneo leva así ao formato gráfico […]
A veciñanza aresá, en Compostela para desfrutar do teatro

A través do autobús que fletou a Concellaría de Cultura e no marco do Plan de Mobilidade do Centro Dramático Galego (CDG), 36 veciños e veciñas viaxaron até Santiago este sábado e gozaron da obra teatral ‘Os actos e as profecías’, un espectáculo que toma coma fío condutor os talent shows, un dos formatos televisivos […]
Ares conclúe unha nova charla de Academia AresXSalud: ‘Adultos maiores, como activarnos‘

A Alianza Aresana acolleu o venres pasado a penúltima sesión das charlas de Academia AresXSalud, desta volta cunha ponencia divulgativa que afondou nos bos hábitos que se poden instaurar no día a día para autocoidarse e mellorar a calidade de vida en xeral. Baixo o título ‘Adultos maiores: como activarnos’, o psicólogo e educador físico […]
Listaxe de aspirantes admitidos para a contratacion en rexime laboral temporal de Catro Peons (Plan Integrador de Obras e Servizos minimos municipais da Excma Deputacion Provincial)
Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 12 de marzo de 2024 sobre “APROBACION DAS BASES ESPECIFICAS PARA A CONTRATACION EN REXIME LABORAL TEMPORAL DE CATRO PEONS (PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MINIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACION PROVINCIAL) Designado Tribunal por Decretos da Alcaldía 2024-0340, 2024-0346 según […]
Listaxe de aspirantes admitidos para a contratacion en rexime laboral temporal de Dous Subalternos (Plan Integrador de Obras e Servizos minimos municipais da Excma Deputacion Provincial)
Dada conta do acordo adoptado pola Xunta Municipal de Goberno en sesión celebrada o 12 de marzo de 2024 sobre “ APROBACION DAS BASES ESPECIFICAS PARA A CONTRATACION EN REXIME LABORAL TEMPORAL DE DOUS SUBALTERNOS ( PLAN INTEGRADOR DE OBRAS E SERVIZOS MINIMOS MUNICIPAIS DA EXCMA DEPUTACION PROVINCIAL) Designado Tribunal por Decreto da Alcaldía 2024-0345 […]
INSCRICIÓNS ABERTAS PARA O PROGRAMA RURAL TIC DE ARES

Se desexas formarte para mellorar o posicionamento dixital do teu negocio ou aprender máis sobre novas tecnoloxías e non sabes como facelo, podes aproveitar os obradoiros que promove o Concello no marco do programa Rural Tic. Trátanse de pequenos cursos totalmente de balde para axudar a desenvolverse na rede tanto á veciñanza como ao tecido […]
HORARIOS E TAPAS DO DEGUSTARES 2024

A ruta do pincho que promove a Concellaría de Comercio arranca esta próxima fin de semana e xa se están ultimando os detalles finais! Así que se ti tamén estás preparándote para probar as 10 tapas que atoparás na vila durante os días 13, 14, 20 e 21 de abril, bota un ollo aos horarios […]
Obradoiros para aprender a manexar e manter unha bicicleta

‘Rodas escolares’ é o nome que recibe a última proposta da Concellaría de Deportes que involucra á rapazada do CPI As Mirandas tanto de primaria coma secundaria: un conxunto de actividades para coñecer unha bicicleta, manexala nunha contorna natural e coñecer que se precisa para tela a punto. Onte arrancou esta iniciativa cunha pequena charla […]
Último mes para enviar o teu manuscrito ao II Premio de Novela Curta Alén Concello de Ares

Podes remitir o teu texto ata o 10 de maio á seguinte dirección: Rexistro Xeral, Concello de Ares, Área de Cultura. Avenida Saavedra Meneses, 12. CP: 15624 (Ares, A Coruña). A Concellaría de Cultura lembra que cada participante pode presentar un orixinal inédito onde se fale do proceso migratorio galego alén do mar, aínda que […]