Nas últimas semanas, o Concello fixo público o último documento promovido pola área de Medioambiente, o “Inventario e valoración da avifauna do concello de Ares”

Comparte esta nota de prensa

Trátase dun estudo no que se poden atopar resultados interesantes para a localidade:

  • Identificáronse 155 tipos de aves diferentes na contorna municipal, o que reforza a visión de Ares coma un lugar cunha riqueza ornicolóxica considerable.
  • 6 especies relacionadas cos nosos espazos naturais están incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
  • Delimitáronse 4 lugares de marcado interese para a avifuna aresá: a área existente entre a praia da Barrosa até Punta Coitelada; a Xunqueira, pola súa alternancia de vexetación de marisma, carballeiras e bosque pantanoso; as Illas das Mirandas, un importante durmideiro e, finalmente, a praia urbana de Ares, a zona con maior espazo intermareal.

Alí, xusto onde desemboca o río da Xunqueira, poderás observar a mellor mostra de aves acuáticas invernantes e en migración de todo o concello.

Con todo, se desexas afondar nas especies vulnerables ou en perigo de extinción da nosa localidade, atoparás máis información aquí embaixo!

 

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,