Nesta ocasión foron os rapaces e rapazas de 1º curso da ESO os que achegaron á idiosincrasia particular do municipio e á práctica de deportes actuátivos como o surf. Foi, coma na anterior actividade, no marco do proxecto «Ares e Valdoviño no Mar», que ambos os dous concellos impulsan co apoio dos GALP A Mariña-Ortegal e Golfo Ártabro Norte.
O guion da visita repetiuse respecto á realizada polos seus compañeiros de 2º a semana pasada e, tras a benvida por parte do alcalde, Alberto González, os mozos e mozas iniciaban un percorrido guiado polo Océano Surf Museo, o único adicado a este deporte en España. Ao seu remate, os autocares poñían rumbo á praia de Vilarrube, onde lles esperaban 2 actividades: da man da escola Pantin Surf Camp, participaban nunha sesión de aproximación ao surf, e nunha charla de concienciación medio ambiental.
O proxecto «Valorización da actividade mariñeira a través dos espazos litorais e das prácticas deportivas acuáticas nos municipios de Ares e Valdoviño. Ares e Valdoviño no Mar» continuará ao longo dos próximos meses con máis iniciativas!