O Concello abre mañá o prazo de inscrición para a quinta ruta do SendAres 2022-2023

Comparte esta nota de prensa

A iniciativa municipal organizará unha saída ata as Fragas do Eume de 14 quilómetros co foco posto na contemplación da beleza da paisaxe e a cultura local adherida a esta.

As persoas interesadas poderán inscribirse a partir das 18:00 horas de mañá, mércores 25 de xaneiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 euros.

A área de Deportes vén de anunciar a posta en marcha do proceso administrativo da próxima ruta do SendAres, o programa de sendeirismo do Concello. Así, mañá, mércores 25 de xaneiro, abrirase a inscrición telemática do quinto percorrido ao longo da tarde (18:00 horas) e a través da páxina web institucional (www.concellodeares.gal).

Nesta ruta guiada, os sendeiristas achegaranse á contorna do río Eume, discurrindo ao seu carón e apreciando a beleza natural que existe ó seu redor. Incluírase tamén un tramo do camiño dos encomendadeiros, acadando o mosteiro de Caaveiro e continuando o descenso xa cara a Igrexa de Santo Estevo de Eirís, do século XIX.

Todo o itinerario desenvolverase ao longo da xornada do domingo, 19 de febreiro, cunha distancia de 14 quilómetros e unha dificultade media. O prezo, coma no resto de rutas, será de 15 euros no que se inclúe servizo de guía, seguros e transporte. O autobús sairá as 08:00 horas e chegará ó núcleo da vila ás 16:30 h. no punto de encontro habitual: a Praza da Igrexa da localidade.

A Concellaría de Deportes, coma no resto de rutas, asignou 25 prazas para a actividade, que se cubrirán por orde de inscrición ata as 15:00 horas do 8 de febreiro ou, de darse o caso, ata o seu esgotamento.

Pódeche interesar

Papá Noel en Ares
Notas de prensa

Papá Noel visita Ares

Esta semana véronse polas rúas de Ares a uns cantos visitantes moi singulares: Papá Noel chegou dende o círculo polar ártico cos seus axudantes e,