O SendAres pon fin á súa segunda ruta cun novo éxito de participación

Comparte esta nota de prensa

Share on facebook
Share on linkedin
Share on twitter
Share on email

Os sendeiristas recorreron nesta ocasión a contorna dun lugar de interese comunitario (LIC): a Serra do Forgoselo e o cumio de Penas Louseiras, cun marcado patrimonio xeolóxico.

A actividade esgotou as 20 prazas asignadas e termina cun balance moi positivo por parte da organización. 

A Concellaría de Deportes vén de informar do remate da segunda ruta do SendAres, o programa municipal que aglutina práctica deportiva e a exploración de espazos con gran patrimonio natural, cunha valoración moi positiva: o percorrido pola contorna de Narahío (San Sadurniño) levouse a cabo na xornada de onte coa totalidade das prazas cubertas e unha lista de agarda que exemplifica o interese que está a promover a actividade.

Nesta ocasión, os sendeiristas accederon a un Lugar de Interese Comunitario (LIC), a serra do Forgoselo e o cumio das Penas Louseiras, ambos espazos que inclúen fenómenos graníticos de gran valor patrimonial polas súas condicións xeolóxicas. Durante os 13 quilómetros de ruta, os e as participantes comprobaron os vencellos entre o sendeirismo e a paisaxe, nunha xornada marcada pola pouca chuvia e a presenza de néboa nalgúns tramos.

Tras esta segunda ruta, a Concellaría de Deportes programará a terceira xa a mediados de marzo, coa circular Soaserra-Caaveiro-Soaserra, de maior esixencia que o percorrido organizado onte. Toda a información das cinco actividades que se planifican dende o Concello está accesible no apartado de SendAres, dentro da páxina web municipal

http://www.concellodeares.gal

 

Pódeche interesar