Esta fin de semana, levouse a cabo a primeira ruta do SendAres na súa tempada de verán, mantendo as máximas de toda a proposta da Concellaría de Deportes: explorar espazos de gran valor natural a través da práctica deportiva.
Os sendeiristas descubriron a biodiversidade arredor do río Sor, discurrindo sempre polas súas marxes, e puideron achegarse a un lugar de enorme beleza e tranquilidade. E ti tamén podes facelo a través das instantáneas que vos deixamos embaixo!