CASA PEPE FREIRE
CASA PEPE FREIRE R/Nova, 50 Esta casa, evidentemente, é unha excepción no noso roteiro pola arquitectura indiana, xa que estamos ante unha casa do século XVIII, e que non foi restaurada ao modo modernista, como outras que podedes atopar pola vila. A importancia desta casa reside no feito de ser a casa dun dos precursores […]
CASA PACO BELLO
CASA PACO BELLO R/ Nova, 21 A Rúa Nova é o segundo grande eixo de crecemento de Redes despois da Avenida de Gaspar Rodríguez. Tal é así que despois de ter emigrado a Cuba, Francisco Bello Casteleiro (1876-1952), decide reformar a casa familiar ante a que nos atopamos. Paco Bello marchou de novo a La […]
CABRIAS
CABRIAS Pedregal e praia de Area Morta Antes do que hoxe vemos, todo o porto de Redes estaba cheo de cabrias. Hoxe, grazas ao esforzo colectivo, podemos ver varias recreacións delas. As antigas eran de madeira de castaño, con dous paus verticais e uns apoios horizontais ou entenois, o que serían os balcóns da cabria. […]
CASA CONCHA AMADO
CASA CONCHA AMADO Avda. Gaspar Rodríguez, 84 Con tan só 13 anos, José lópez Martínez, emigra a Cuba xunto con algúns veciños. Era o ano 1894. Despois dalgunhas voltas da vida, acaba traballando nunha ferretería e pouco a pouco, e con certa prosperidade, decide remodelar a casa natal. Novamente, Domingo Pires, xunto con Domingo Viana, […]
CASA DE OLIVA
CASA DE OLIVA Avda. Gaspar Rodríguez, 40 Esta vivenda de máis de douscentos anos de antigüidade, adquiriu o seu aspecto máis ou menos actual tras unha reforma feita polo artesán portugués Domingo Pires no ano 1912 da que da fe unha inscrición que aparece no chan, diante da porta. Non sabemos se nese ano remataron […]
CASA BENITO ROJO
CASA BENITO ROJO Avda. Gaspar Rodríguez, 2 Benito Rojo López, emigrou a Chile no ano 1905 onde comezou traballando no “Almacén La Rueda” en Iquique. No 1912 casa con Albina e encoméndalle ao mestre de obras José Calvo a construción desta vivenda que supón un perfecto exemplo da arquitectura indiana: Fachada principal simétrica, fiestra redonda […]
CIRS
CIRS. Rúa da Igrexa, 22 Entre os anos 1922 e 1924 fúndase o Centro Instructivo de Cervás (CIRS). Inicialmente operaba nun local alugado, ata que se adquiriu o actual terreo por un enorme prezo para a época (14.000 pesetas). Foron as delegacións de emigrados en Estados Unidos e Cuba as que posibilitaron a recadación desta […]
CASA DE RAMÓN CAÍNZOS
CASA DE RAMÓN CAÍNZOS R/ Da Igrexa, 45 Sabemos da súa existencia cando menos desde 1870, e era coñecida popularmente como Pazo de Cervás. A vivenda reformouse no ano 1930, mais foi nos anos 40, cando o seu novo dono Ramón Caínzos voltou de Cuba, que a casa acadou o seu sabor indiano. Destaca o […]
ESCOLA “ALIANZA ARESANA”
ESCOLA “ALIANZA ARESANA” Rúa María, 11 A escola da “Alianza Aresana” é o gran símbolo da sociedade de instrución que desde América revolucionou o ensino galego de principios do século XX, inspirando a creación de sociedades e escolas indianas por ducias de vilas galegas. A escola, situada ao lado da igrexa parroquial de Ares, péchase […]
CASA CURBEIRA
CASA CURBEIRA Rúa Praia de Estacas, 2 Esta casa, patrimonio da familia Curbeira, de longa raizame na vila, apenas presenta trazos da arquitectura indiana, exemplificando antes a arquitectura tradicional vilega anterior ao período modernista. Sendo casa xa existente antes da expansión urbana propiciada pola salazón, ao contrario das casas indianas, que medraron na nova área […]
PRAZA DOS REAIS ALFOLÍES
PRAZA DOS REAIS ALFOLÍES Praza dos Reais Alfolíes O predio que aínda ostenta o emblema de El Alfolí, hoxe vivenda particular, é o resto vivo das vellas instalacións dos Reais Alfolíes en Ares. Os Alfolíes eran unha estrutura comercial e administrativa dependente da coroa, onde se almacenaba e distribuía o sal, e se regulamentaba o […]
TORRE DO RELOXO
TORRE DO RELOXO Praza da Igrexa A torre do reloxo, emblema da vila, foi construída no século XVIII, por emprendimento municipal, co fin de dotar á vida aresana dun sistema horario colectivo e dunha campá para avisos propios do Concello. Situouse a carón da igrexa de San Xosé, centro da vida comunitaria, e á beira […]