XV Edición de Móllate polos Ríos

Preto de 150 kg foron extraídos este domingo do río dos Frades, nas inmediacións do Mosteiro de Santa Catalina, polos voluntarios que se sumaron á limpeza simultánea no marco da iniciativa “Móllate polos ríos”. Lixo, botellas, partes de uralita e grandes cantidades de espuma sintética (polispán) conforman o groso da contaminación sobre o ecosistema fluvial […]

Tras os cambios executados pola Xunta de Galicia no servizo de transporte metropolitano prestado por UTE Hércules Norte, o Concello vén de actualizar o deseño municipal dos horarios de buses, dispoñibles na páxina web e tamén nas paradas da localidade.

Lucía Blanco, concelleira de Mobilidade de Ares, salienta que esta acción é parte do “esforzo continuado por axudar á veciñanza a comprender toda a nova información, reaxustes incluídos, relacionada co transporte público a Ferrol, Mugardos e parroquias. Unha nova información que nos chega, ademais, sen ningún tipo de comunicación previa e a través dos medios […]

O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E POSTA EN VALOR DA CONTORNA DA PRAIA DO XUNCAL

O Concello de Ares recibiu una liña Axudas autonómicas para a realización do proxecto “MELLORA DA ACCESIBILIDADE E POSTA EN VALOR DA CONTORNA DA PRAIA DO XUNCAL – (GALP2-211)” cun orzamento total subvencionable de 49.421,60 € cun porcentaxe de axuda dun 80 % que farase na anualidade 2022 ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento Local […]

Para o deseño das rutas enmarcadas dentro do proxecto “Ares Descobre”, nestes días levouse a cabo un proceso de gravación de videotestemuñas con algúns informantes aresáns, as persoas que mellor poden coñecer a historia do territorio polo que transcorrerán os percorridos tematizados.

Así, primeiro visitouse Caamouco para falar con Ernesto López Naveiras, historiador da parroquia e presidente de honra da Agrupación Instrutiva de Caamouco. A conversa con el serviu para afondar mellor no pasado mariñeiro de Redes a través da evolución das súas rúas e a singularidade da súa arquitectura. López Naveiras destacou especialmente a importancia de […]

Lembra que este venres 23 e o sábado 24 Ares contará con dúas actuacións inscritas na programación do IV Festival Internacional de Entes Animados, posto que o noso municipio forma parte dos 8 concellos organizadores do evento.

Desta maneira, mañá venres, 23 de setembro, ás 19:00 horas, a italiana Irene Vecchia Burratini, recalará na Alianza Aresana co seu espectáculo A Lúa e Pulchinella. Xa o sábado, 24 de setembro, ás 18:30 horas, tamén dende Italia chegará Di Filippo Marionette, interpretando o título Corazóns de madeira, no Centro Cultural Outeiro de Chanteiro. As […]

Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos!

Este domingo, 25 de setembro, Ares volcarase co coidado da natureza e os cursos fluviais galegos! Se queres botar unha man e axudar na limpeza que se fará do manantial de Bordocedo, o que conecta co río dos Frades, contacta co número que pon á disposición a Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina: […]

Licitados os traballos de mellora de servizos e pavimentos na rúa San Xosé

A obra permitirá renovar a rede de saneamento, pluviais e de abastecemento, mais tamén levar a cabo obras civís no alumeado, electricidade e telecomunicacións. A intervención traducirase nun investimento de aproximadamente 170.000 euros, asumidos entre o Concello e o POS+2022 da Deputación da Coruña. A Concellaría de Urbanismo vén de informar da licitación das obras […]