O Concello renova a colaboración con Antonio Seijas para o deseño do agasallo institucional

O artista aresán entregou esta semana a súa composición da Illa das Mirandas, un elemento paisaxístico que sintetizaría a identidade de Ares. A concelleira de Cultura, Alma Barrón, recibiu este martes pasado o novo deseño do obsequio corporativo do Concello, un encargo elaborado polo premiado artista local Antonio Seijas con acrílicos sobre lenzo, posteriormente capturado […]

Ares aproba a proposta de inversión do POS+2022 da Deputación

A maior partida orzamentaria, 156.285 euros, está destinada á mellora de servizos e pavimentación na rúa San Xosé, que tamén contará cunha inversión de carácter municipal próxima aos 14.500 euros. A maiores, os programas de emerxencia social e Servizo de Axuda no Fogar (SAF) veranse reforzados. O Concello de Ares vén de aprobar na sesión […]

Aprazada a visita ao Centro Dramático Galego por positivos en covid-19

A actividade cambiará a súa data ao 26 de febreiro, mantendo todas as condicións de gratuidade e desprazamento. As persoas xa inscritas serán contactadas para confirmar o seu interese e/ou dispoñibilidade na nova programación do evento. A área de Cultura vén de comunicar esta mañá o aprazamento da visita ao espectáculo teatral “A Peste”, no […]

4 de febreiro, conmemoración do Día Mundial contra o Cancro

O Concello de Ares únese ao #DíaMundialContraOCancro para mandar unha mensaxe de apoio e forza a todas as persoas que padecen esta enfermidade, mais tamén aos seres queridos, familias e profesionais da saúde que axudan na loita para superala.

Ares licita os traballos de mellora do acceso á praia do Xuncal dende Os Castro

A intervención afectará ás escaleiras, a senda e a rampla de entrada e saída ó areal urbano, con deficiencias no estado da madeira que as conforman As empresas poderán presentar as súas ofertas ata o 22 de febreiro.  A Concellaría de Urbanismo vén de anunciar a licitación das obras para a mellora da accesibilidade e […]

A Corporación aproba a ordenanza de uso social do galego na administración local

O documento regulador recolle o emprego da lingua na atención ao público, as publicacións informativas, a rotulación ou a xestión dos nomes das rúas. Iolanda Gomis, técnica no Servizo de Normalización Lingüística municipal, expuxo a importancia de protexer a toponimia e a riqueza lingüística de Ares coma unha forma de proxectarse no mundo.  O Pleno […]

A área de Cultura programa unha visita ao Centro Dramático Galego de Compostela

A veciñanza poderá acudir ao espectáculo “A Peste” completamente de balde, incluíndo o desprazamento en autobús dende Ares. A actividade desenvolverase o sábado, 12 de febreiro, saíndo da vila ás 17.45 e regresando aproximadamente ás 23.00 horas, baixo reserva previa na Alianza Aresana. O Concello súmase á iniciativa lanzada polo Centro Dramático Galego para facilitar […]

O Concello pon fin ao MercAres tras dous meses de fomento do consumo local

A campaña termina oficialmente hoxe, mais os interesados poderán cobrar os seus premios ata mediados de febreiro. Contou coa participación de case un centenar de locais e un reparto de 6.000 euros, aumentando a contía nun 25 % con respecto á anualidade pasada A Concellaría de Comercio e Industria vén de comunicar o peche da […]