Ares recoñece o esforzo e logros de Hugo Martínez Cortizas
O salón de plenos do consistorio acolleu durante o sábado, 7 de xaneiro, o acto institucional para homenaxear a Hugo Martínez Cortizas, subcampión galego de baile deportivo en 2022, presidido polo alcalde do municipio, Julio Ignacio Iglesias Redondo. Rodeado de compañeiros/as de baile, amizades e familia, que lle trasladaron todo o seu apoio e cariño, […]
Os Reis Magos puxeron fin ó Nadal en Ares
A nosa localidade foi un dos lugares que visitaron Melchor, Gaspar e Baltasar para coñecer os desexos da mocidade! Durante a tarde do xoves pasado, os Reis Magos saudaron e achegáronse a quen estivese agardando pola súa chegada nas parroquias e tamén no núcleo urbano de Ares, onde fixeron a súa recepción oficial, tronos e […]
Onte, mércores, e o martes mesmo, a mocidade de 3 a 12 anos parou na biblioteca municipal de Ares para xogar, explorar as súas instalacións e ir na procura dos Reis Magos!!
Dúas actividades que lembran o peche da programación de Nadal do Concello, que se oficializará hoxe á tarde coa cabalgata das súas Maxestades de Oriente. Con lanternas na man e bregando contra a escuridade, estas foron algunhas instantáneas que nos deixaron os máis pequenos na Alianza Aresana!
O aresán Hugo Martínez Cortizas será homenaxeado na casa consistorial da localidade este sábado, 7 de xaneiro
Seguindo a proposta de actos de recoñecemento aos máis recentes logros deportivos de Ares, o Concello organizará o sábado, ás 17:00 horas, unha nova homenaxe a outro dos deportistas que levan o nome da localidade máis aló de Ferrolterra e de Galicia. As autoridades municipais recibirán así a Hugo Martínez Cortizas no salón de plenos […]
A semana pasada, ata a biblioteca achegáronse os rapazas e rapaces da nosa localidade para cantar clásicos navideños e outras cancións de hoxe!!
Encheuse o salón de actos de versións particulares de “Hola don Pepito, Hola don José” ou “Susanita tiene un ratón”, dentro da iniciativa da área de Cultura “Con música e letra, karaoke na biblioteca”. Estes foron algúns dos momentos que se viviron na Alianza Aresana!
O MercAres continúa ata o 31 de xaneiro, e tamén seguen os locais aresáns adheridos repartindo os premios por todo o municipio!
Cos 5.000 euros distribuídos nos vales-rascas, a campaña de consumo local da Concellaría de Comercio pretende… Que o diñeiro fique sempre na localidade. Botar unha man para xerar unha economía local máis sostible. Coidar ó pequeño comercio, que é chave na vida diaria da veciñanza! Se ti tamén desexas contribuír ó coidado dos negocios locais, […]
353 operativos despregados polo corpo de Protección Civil de Ares durante o 2022
Xuño, agosto e setembro foron os meses de maior actividade para a agrupación de voluntarios aresán, coma reflicte o seu balance anual de actuacións feito público hoxe mesmo. Protección Civil de Ares vén de presentar o seu informe anual de operativos esta mesma mañá, un documento que ver de maneira sintética o conxunto de servizos […]
O xoves, 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán xa por todo Ares!
Chegados dende Oriente, arrancarán a súa cabalgata en Redes preto das 16:30 horas e tamén percorrerán os núcleos das parroquias ata recepcionar a pequenos e máis maiores na Alianza Aresana (18:45 h. aproximadamente). Porén, se a climatoloxía non o permite, acortarase o percorrido da cabalgata, facendo só a visita ás parroquias e logo dirixíndose directamente […]
O Concello licita a concesión de tres postos no mercado municipal de Ares
Nestes últimos días aprobáronse en Xunta de Goberno local as bases que regulan as condicións do procedemento de adxudicación, tamén publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A persoa adxudicataria dos postos abonará 30 euros ao mes, 60 euros ao ano por auga e outros 118 euros anuais pola luz. No marco da liña […]
O 30 de xaneiro volverás a ter a posibilidade de renovar o teu Documento Nacional de Identidade (DNI) na biblioteca municipal de Ares!
Se estás interesado en facelo, concerta a túa cita acudindo presencialmente ás instalacións da Alianza Aresana ou a través do teléfono 981 448 057, de luns a venres, no horario de apertura da biblioteca. Lembra que podes realizar a renovación do DNI ata 6 meses antes da data de caducidade.
Comeza o servizo de punto limpo móbil do Concello
Coa chegada de xaneiro, a Concellaría de Medioambiente vén de informar da posta en marcha do punto limpo móbil que se adquiriu en 2022, xa colocado nas inmediacións da Praza da Igrexa de Ares. Permanecerá alí toda a semana para que a veciñanza deposite pilas e baterías; lámpadas e tubos fluorescentes; aceites minerais e vexetais; […]
Feliz Aninovo dende o Concello de Ares!!!
Que os desexos que aínda fican pendurados preto da Ponte da Ciscada poidan cumprirse no 2023!! #NadalenAres #ConcellodeAres #ViveoNadalViveAres #Ares #iluminaosteusdesexos