A Concellaría de Deportes abre o prazo para a cuarta ruta do SendAres 2022-2023

A iniciativa promoverá unha saída ata Doniños-Prior cun percorrido aproximado de 17 quilómetros onde cobrarán especial relevancia os restos de fortificacións que se poden atopar polo camiño. As persoas interesadas poderán inscribirse dende mañá, 27 de decembro, ás 18:00 horas, ata o 15 de xaneiro, con 25 prazas habilitadas e un prezo de 15 euros. […]

O primeiro premio do MercAres xa ten gañadora!!

A persoa agraciada recolleu o venres pasado o cheque de maior contía da campaña de consumo local da Concellaría de Comercio: uns 500 euros que se fraccionan en importes máis pequenos para facilitar o seu emprego nos establecementos adheridos ó MercAres e que foron entregados polos concelleiros José Juan Vilar e Olimpia Marcos. Con todo, […]

Conta atrás para que Papá Noel chegue ás rúas de Ares

Tomade nota, porque na tarde do sábado, 24 de xaneiro, a cabalgata de Papá Noel realizará un percorrido dende Redes (16:30 h., Praza do Pedregal), pasando polas diferentes parroquias que integran o noso Concello, ata a Alianza Aresana. Alí, aproximadamente ás 18:45 horas, deixará o seu trineo para recibir xunto aos seus axudantes a todos […]

Días de moito trafego na biblioteca municipal de Ares!

Coa programación de Nadal xa en marcha, na Alianza Aresana percíbese moito, moito movemento da man das familias, o persoal bibliotecario e os máis pequerrechos. Os obradoiros de manualidades e de decoración navideña, xunto con algún contaconto, están enchendo a nosa biblioteca municipal de actividade. Estas son algunhas das fotos que nos deixaron as últimas […]