A área de Deportes desprega unha ampla planificación que abrangue dende os m
áis pequenos, con xogos nas parroquias e un campamento urbán, á mocidade, incluíndo 11 programacións como manexo de drons, modelado 3D ou fútbol-burbulla.
O período de inscrición abrirá este luns, 13 de xuño, ata o martes, 21 (no caso de empadroad@s). Dende o 22 en adiante, poderán solicitar prazas o resto de persoas
O municipio costeiro de Ares comeza a quentar os motores para a chegada do verán, no que se prevé un regreso ás dinámicas previas á pandemia en termos de afluencia e actividades. Na mañá de hoxe, a Concellaría de Deportes anunciou os eixos do VeraneAres Deportivo 2022, o programa que se desenvolverá eminentemente ao longo de xullo e agosto en tres principais quincenas ou quendas: do 1 ao 15 de xullo (1ª quenda), do 18 ao 29 de xullo (2ª quenda) e do 1 ao 12 de agosto (3ª quenda).
Porén, a esta oferta deportiva haberá que engadir os restantes eventos específicos que recalarán no municipio e que se anunciarán ao longo dos vindeiros días: dende campus de fútbol e baloncesto á milla urbana ou travesía a nado.
Unha aposta pola conciliación familiar a través do deporte
Dúas das principais actividades deste VeraneAres Deportivo servirán coma unha ferramenta básica na conciliación laboral das familias. Por unha banda, o campamento deportivo urbán, que se centrará na formación lúdi
co-deportiva, achegará aos estudantes de primaria (de 6 a 12 anos) todo un programa de aprendizaxe de valores -en horario de mañás precisamente para axudar ás unidades familiares- centrado na convivencia, a solidaridade, o respecto e o coñecemento da contorna, pois parte das actividades serán en parques, xardíns e praias do casco urbano de Ares.
Pola outra banda, os xogos nas parroquias seguirán a dinamizar os núcleos sociais de Cervás, Redes e Chanteiro, tamén aliviando a pais, nais, avós e outros membros das familias na súa cotiandade. Os xogos nas parroquias, tendo en conta o aumento de habitantes neses espazos, promoverá a convivencia entre iguais a través do lúdico e do deportivo.
11 princip
ais actividades para as rapazas e rapaces
Baixo o nome de “Xuventude Verán Activo”, a Concellaría de Deportes propón aos maiores de 12 anos diferentes actividades máis complexas e específicas, que inclúen dende o contacto coas novas tecnoloxías ao movemento e o eido náutico.
Ares terá, por exemplo, grupos de modelado 3D e manexo de drons; paddlesurf, kaiak e voleipraia; deportes de raqueta como padel ou tenis de mesa, baseadas na confrontación, e ata a práctica de fútbol-burbulla. Todas elas contarán con 12 prazas por quincena en cada grupo.
A inscrición para este conxunto de actividades arrancará o luns, 13 de xuño, ata o 21 no caso de empadroad@s e, dende o 22 en adiante, para non-empadroad@s, con variedade de prezos en función do que se elixa. A reserva de prazas será telemática no apartado de VeraneAres Deportivo 2022, dentro da páxina web municipal (www.concellodeares.com).
Dúas actividades deportivas ao aire libre e totalmente de balde
Paralelamente a este proceso de reserva, o municipio contará con sesións de balde de ZumbAres e bailes latinos, sobre todo tras o bo feedback recibido no período estival pasado. Son actividades que hibridan a música, o deporte, a diversión e o ocio ao aire libre.
Durante todo xullo e a primeira quincena de agosto, a Praza da Constitución de Ares encherase de coreografías e deporte de 20:30 a 21:30 horas, dando marxe ata para desfrutar dos areais da vila. Os martes desenvolveranse as sesións de baile latino, namentres que todos os xoves haberá clases de zumba.
As inscricións neste cas
o teñen un proceso distinto ás anteriores: serán reservas por xornada ata as 11:00 horas do día anterior á actividade, ben no 981 448 057, ben inscribíndose en persoa na Alianza Aresana.


