Listaxe aprobados/as primeiro exercicio para realizar contratacións laborais temporais ou nomeamentos interinos de persoal como Traballadora Social do Concello de Ares

ACTA DA COMISIÓN SELECCIONADORA PARA A CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO PARA REALIZAR CONTRATACIÓNS LABORAIS TEMPORAIS OU NOMEAMENTOS INTERINOS DE PERSOAL COMO TRABALLADOR/A SOCIAL, No salón de sesións do Concello de Ares, sendo as 10:30 horas do día 9 de xuño de 2022, procédese á reunión da Comisión Seleccionadora para a “CREACIÓN DUNHA BOLSA DE […]

O Club Náutico acolleu onte e esta mesma mañá unhas novas xornadas destinadas á promoción dos deportes náuticos entre a xuventude aresán!

A iniciativa organizada entre o Concello e o propio Club Náutico, está inscrita dentro da campaña da Secretaría xeral para o Deporte da Xunta de Galicia “Imos xogar, imos ó mar”, có ánimo de incentivar as prácticas deportivas e saudables, baixo unha perspectiva lúdica, desde idades temperás. Tras as actividades de kaiak, vela, padelsurf…practicadas a […]

Antonio Seijas presenta “Teorías do Fin” na Alianza Aresana

Mañá, 10 de xuño, ás 19:30 horas, o autor e artista aresán afondará no seu poemario, gañador do XXXVII Premio de Poesía Cidade de Ourense. A Concellaría de Cultura da localidade programa dentro da súa planificación municipal unha conversa arredor dunha das últimas obras do recoñecido aresán Antonio Seijas. Trátase de Teorías do Fin (Airas […]

O pasado 4 de xuño, Ares acolleu o XV Campionato Galego de Dominó por parellas!

Un evento con alta participación e fonda tradición na nosa contorna que arroxou o seguinte resultado: A parella formada por Victor Lago Picos e José Sedes Ameneiros, da Asociación Recreativa Deportiva Dominó C.V.M. (A Coruña), proclamouse campioa galega, no primeiro lugar, seguida por Ángel A. Corredoira Brao e José Arias Valcárcel, da Asociación Recreativa Deportiva […]

O alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila

Este luns, o alumnado de 2º da ESO explorou o núcleo urbano da vila —e loitando contra a chuvia!— coma fixeran os seus compañeiros de primeiro curso. Repetiron o mesmo percorrido, visitando a taberna-museo Pedrafeita, intimamente relacionada coa memoria local e os procesos da salazón, amais do porto deportivo e pesqueiro. Subiron ao M. Presas […]

Lembra que hoxe, martes 7 de xuño, é o día de celebración da tradicional Romaría do Voto de Chanteiro, declarada festividade local e que, por este motivo, tanto as oficinas xerais do Concello como as demais instalacións municipais permanecerán pechadas.

A programación dará comezo ás 12.00, hora na que se oficiará a misa na ermida de Nosa Señora da Mercé, dando paso á parte máis lúdica da xornada, co reparto de empanada aos asistentes e a actuación do Grupo de gaitas Aresán. No cartaz de aquí embaixo podes consultar o horario e percorrido dos buses […]