A Concellaría de Comercio vén de lembrar a licitación de 3 postos no mercado municipal, no marco de dinamización deste espazo chave para a oferta de produtos de proximidade en Ares

A presentación de propostas está activa para toda persoa que desexe desenvolver algunha actividade nun dos postos licitados, mais non poderá coincidir con ningunhas das que xa existen na actualidade: freiduría/bar, peixaría, venda de produtos gourmet e tenda de ultramarinos. As propostas deberán presentarse a través do Rexistro Xeral do Concello en horario de luns […]

Ampliación do prazo para inscribirse no Programa Integrado de Emprego de Galicia (PIE)

A última edición do PIE, dirixido a mulleres en situación de desemprego empadroadas nos concellos de Ares, Mugardos, Fene, Cabanas, Cedeira, Narón, Neda e Valdoviño vén de ampliar o seu prazo de inscricións ata este venres, 13 de xaneiro, a través da Mancomunidade. O Programa Integrado de Emprego de Galicia busca mellorar a inserción laboral […]

Ares recoñece o esforzo e logros de Hugo Martínez Cortizas

O salón de plenos do consistorio acolleu durante o sábado, 7 de xaneiro, o acto institucional para homenaxear a Hugo Martínez Cortizas, subcampión galego de baile deportivo en 2022, presidido polo alcalde do municipio, Julio Ignacio Iglesias Redondo. Rodeado de compañeiros/as de baile, amizades e familia, que lle trasladaron todo o seu apoio e cariño, […]

Os Reis Magos puxeron fin ó Nadal en Ares

A nosa localidade foi un dos lugares que visitaron Melchor, Gaspar e Baltasar para coñecer os desexos da mocidade! Durante a tarde do xoves pasado, os Reis Magos saudaron e achegáronse a quen estivese agardando pola súa chegada nas parroquias e tamén no núcleo urbano de Ares, onde fixeron a súa recepción oficial, tronos e […]

353 operativos despregados polo corpo de Protección Civil de Ares durante o 2022

Xuño, agosto e setembro foron os meses de maior actividade para a agrupación de voluntarios aresán, coma reflicte o seu balance anual de actuacións feito público hoxe mesmo. Protección Civil de Ares vén de presentar o seu informe anual de operativos esta mesma mañá, un documento que ver de maneira sintética o conxunto de servizos […]

O xoves, 5 de xaneiro, os Reis Magos estarán xa por todo Ares!

Chegados dende Oriente, arrancarán a súa cabalgata en Redes preto das 16:30 horas e tamén percorrerán os núcleos das parroquias ata recepcionar a pequenos e máis maiores na Alianza Aresana (18:45 h. aproximadamente). Porén, se a climatoloxía non o permite, acortarase o percorrido da cabalgata, facendo só a visita ás parroquias e logo dirixíndose directamente […]

O Concello licita a concesión de tres postos no mercado municipal de Ares

Nestes últimos días aprobáronse en Xunta de Goberno local as bases que regulan as condicións do procedemento de adxudicación, tamén publicadas onte no Boletín Oficial da Provincia (BOP). A persoa adxudicataria dos postos abonará 30 euros ao mes, 60 euros ao ano por auga e outros 118 euros anuais pola luz. No marco da liña […]