Ares uniuse na loita contra o cancro!

A xornada de onte demostrou o firme compromiso da nosa localidade cunha causa solidaria de suma importancia na sociedade actual. Os residentes do noso municipio congregáronse nas rúas para apoiar o labor da Asociación Española Contra o Cancro en Ares e apoiar a loita contra esta enfermidade. A continuación, compartimos algunhas imaxes que ilustran o […]

O servizo de conciliación familiar e laboral da área de Igualdade e Benestar, o “ConciliAres”, culminou as súas actividades onte, marcando o peche do mes de agosto

Durante todo o verán, os participantes levaron a cabo unha variada programación que incluíu desde excursións a contornas naturais locais ata xogos participativos e talleres artísticos. En esencia, todo un xullo e agosto marcado pola diversión, a exploración e a aprendizaxe, xunto á posibilidade de que as familias puidesen conciliar as súas responsabilidades laborais co […]

A Concellería de Cultura anunciou a apertura da recepción de obras para o XVI Concurso de Pintura Manuel Rebón, que se realiza en colaboración co CIRS de Cervás.

As persoas interesadas poderán entregar os seus cadros, que poden ter calquera temática e estar feitos con óleo ou acrílico, desde o próximo luns,  4 de setembro, ata o martes 12 de setembro na Biblioteca Municipal, situada no edificio da Alianza Aresana (rúa  María, 11). O horario de recepción será de luns a venres, de […]

O Concello executará a pavimentación do camino de Gaspalleira a Maiobre

A Concellaría de Urbanismo vén de informar dunha das próximas intervencións que se acometerán no termo municipal: a pavimentación do camiño de Gaspalleira a Maiobre. A obra de mellora desta vía municipal suporá un investimento de 63.428,83 euros, asumidos entre a liña de axuda proporcionada pola Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (AGADER), cunha achega de […]

Vén a coñecer o espazo de Santa Catalina de Montefaro da man dos Espazos Sonoros, con este encontro coa música antiga

Disfrutaremos dun concerto do conxunto Capella Sancta María, dunha visita guiada, e dun obradoiro participativo sobre a voz como instrumento, dirixido a todos os públicos, con ou sen coñecementos de música. Duración: de 12.00 a 18.00 h aprox. Será preciso traer un pequeno refrixerio para o xantar Inscricións en: actividades@espazossonoros.org indicando o número de prazas […]

Ares en marcha contra o cancro

O próximo domingo, 3 de setembro, a partir das 11:00 horas, a nosa localidade contará cunha andaina solidaria promovida pola Asociación Contra o Cancro en Ares, en colaboración co Concello. Serán 6 quilómetros de percorrido desde a praia do Xuncal – paseo marítimo – Poellas – Praia de Centeás – Praia da Barrosa e regreso […]