Últimos días para achegarte ás 4 exposicións dispoñibles en Ares!

Durante estas semanas, a nosa localidade foi acollendo múltiples mostras que varían en temáticas e formatos. Escultura, fotografía, paneis didácticos… 4 exposicións actualmente activas, mais que rematarán este mércores, 31 de agosto! Consulta os seus horarios de visita: “INVENTIO MUNDI: GALICIA NAS VIAXES TRANSOCÉANICAS NOS SÉCULOS XV-XVII”, na Agrupación Instrutiva de Caamouco, de luns a […]
Poñemos rumbo ó final de agosto cun obradoiro de construción de reloxos de sol e un relatorio sobre Dereito Foral de Galicia no Mosteiro de Santa Catalina.

A fin de semana arrancará con chocolatada e concerto e seguirá coa I Batalla de Galos Freestlye! Aquí abaixo podes atopar máis información sobre todos estes eventos.
O alcalde de Ares, Julio Iglesias Redondo, e a concelleira de Igualdade e Benestar, Victoria Montenegro, acudiron o venres pasado ao acto de despedida das cinco nenas e nenos saharahuís acollidos na contorna comarcal nestes últimos dous meses.

Xunto aos representantes aresáns, estiveron tamén cargos de Fene, San Sadurniño, Miño e Mugardos, todos eles concellos involucrados coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharahuí (SOGAPS), amais das familias acolledoras. O acollemento materializouse baixo o marco do programa “Vacacións en Paz”, que regresou no 2022 tras o parón de dous anos por mor da pandemia […]
Despois desta fin de semana, o único que queda pendente é dar as grazas aos nosos remeiros por todo o que nos fixeron vivir coma vila nestes últimos anos!!

Todo o pobo remou e remará sempre con vós, co Club de Remo de Ares e coa Santa Olalla. Os corazóns azuis perduran no tempo!! #AúpaAres #SonTradición #SonCanteira #SonEterno #CorazónsAzuis
As Sereas das Mirandas e as Leoas do Guadalquivir: un irmanamento que vai máis aló do remo

Os dous equipos centrados na rehabilitación do cancro de mama encontráronse hoxe en Ares para realizar unha sesión conxunta de entrenamento e entrar en contacto coa ría. Ángela Claverol, Leoa do Guadalquivir, sobre o proxecto de remo adaptado: “Despois de tantas operacións, a vida párase. Pero a vida tamén da oportunidades aínda cando pensas que […]
Dispositivo de tráfico para a XV Bandeira Concello de Ares

O Concello vén de informar das medidas de tráfico que se tomarán durante a xornada de mañá, sábado 27 de agosto, por mor da celebración da XV Bandeira Concello de Ares. A circulación permanecerá cortada a vehículos desde as 15:00 ata as 20:00 horas, excepto aqueles que teñan autorización (emprego de pantalán, traballadores do eido […]
Ares acolle a exposición itinerante diante do consistorio, sobre os oficios do mar e a actividade litoral

A identidade de Ares constrúese a partir do seu litoral, da súa costa e das lendas que se espallan por ela, mais tamén está nos oficios mariñeiros que aínda perduran no municipio, coma é o caso dos redeiros e redeiras. Estas son algunhas das sínteses que poderás atopar na exposición itinerante habilitada diante do consistorio, […]
2º Exercicio fase oposición para a creación listaxe de reserva para a cobertura das eventuais vacantes, vacacións, que se poidan dar no posto de Oficial de 1ª Maquinaria para o Servizo de Auga
ACTA nº2 PROCESO SELECTIVO PARA A CREACIÓN DUNHA LISTAXE DE RESERVA PARA A COBERTURA DAS EVENTUAlS VACANTES, VACACIÓNS, REFORZO EXTRAORDINARIO DO SERVICIO OU AUSENCIAS QUE SE POIDAN DAR NO POSTO DE OFICIAL DE 1 MAQUINARIA PARA O SERVIZO DE AUGAS INTERINO OU PERSOAL LABORAL TEMPORAL Reunidos no salón de actos do Concello de Ares, senda […]
Ao longo deste mes de agosto abriuse o prazo de presentación de solicitudes para subvencións destinadas á adquisición de vivenda do Plan Estatal.

Supón unha liña de apoio económico dirixida a mozos e mozas de ata 35 anos que adquiran ou adquirisen a súa vivenda en concellos cunha poboación igual ou inferior ós 10.000 habitantes, coma acontece no caso de Ares. Entre outros requisitos, a vivenda non pode superar os 120.000 euros. A solicitude pode realizarse telematicamente, mais […]
O Concello amplía as actividades deportivas municipais incluíndo as sesións de baile latino

9 actividades serán as que se achegarán finalmente á veciñanza para que desfruten do deporte e do movemento despois do verán, pois o Concello vén de engadir á oferta que se publicou a mediados de agosto unha programación máis, desta volta as clases de baile latino, todos os xoves no pavillón polideportivo municipal, de 20:30 […]
Os nenos e nenas do noso ConciliAres, o programa de conciliación familiar da Concellaría de Igualdade e Benestar, viviron toda unha experiencia de piratas, exploración e aventura en Lubre!

Semella que algún bandido que percorre os mares enterrou alí un valioso tesouro, e non houbo máis opción que ir na súa procura. E, xa de paso, coñecer un pouco máis sobre o valor do patrimonio local, amais de xogar e divertirse nos arredores da Igrexa de Santa Olaia. Os máis pequenos quedaron totalmente preparados […]
Rematan os traballos de mellora do acceso á praia do Xuncal dende os Castros

O investimento da actuación, que está en consonancia coas renovacións de varandas e entradas ó areal executadas previamente, ascendeu a 49.421,60 euros. O Concello vén de informar da finalización das obras que se estaban a realizar nun dos accesos á praia do Xuncal, un punto clave coma espazo de interese turístico e un motor socioeconómico […]