SendAres 2026-2027

Tempada I: de outono a primavera Un programa para redescubrir o patrimonio natural dende o sendeirismo. INSCRICIÓN RUTA 2: SendAres Ruta 1 – Circular Ares-Cervás-Ares: https://forms.gle/csktd9A8GCsfG6NB8 Programación de Rutas Ruta 1: Senda dos Cerqueiros e mirador da Carbueira Descrición: Percorrido polo Parque Natural das Fragas do Eume que permite descubrir a súa riqueza paisaxística e […]
O Concello de Ares Completa a Renovación do Alumeado Público da rúa da Igrexa de Cervás para mellorar a Eficiencia Enerxética

A actuación permitiu substituír 29 luminarias por equipos LED, renovar tramos de cableado deteriorados e instalar un novo poste de formigón. O proxecto contou cun investimento de 38.251,54 euros, financiado nun 75 % polo Fondo de Compensación Ambiental da Xunta de Galicia e nun 25 % polo Concello de Ares. A nova instalación permitirá reducir […]
Aberto o prazo para participar no X Concurso de Fotografía Xuvenil Concello de Ares

O Concello de Ares, a través da Concellaría de Cultura e da OMIX, organiza esta décima edición en colaboración co CPI As Mirandas, co obxectivo de fomentar a creatividade da mocidade e achegar a súa mirada á identidade e á contorna do municipio. O concurso convida a fotografar paisaxes, lugares, festas, espazos ou momentos da […]
Ares celebra o Día das Bibliotecas 2026 cunha programación infantil e familiar

A Concellería de Cultura do Concello de Ares conmemora o Día das Bibliotecas 2026 cunha programación especial de actividades dirixidas ao público infantil e familiar, que se desenvolverán na Biblioteca Municipal entre o 20 e o 23 de outubro. A proposta comezará o martes 20 de outubro con dous obradoiros adaptados ás diferentes franxas de […]
DÍA DAS BIBLIOTECAS 2026

24 de Outubro ENLACE INCRICIÓN NO OBRADOIRO DÍA DAS BIBLIOTECAS 2026: https://forms.gle/HXYYMohroXiL4sTs5 Programación de Actividades Martes, 20 Outubro Actividade: Obradoiros Grupo 1: Idades: De 3 a 6 anos Hora: 16:30 h. Lugar: Biblioteca Municipal Custo: 3 € Grupo 2: Idades: De 7 a 10 anos Hora: 18:00 h. Lugar: Biblioteca Municipal Custo: 3 € Inscricións: […]
X CONCURSO DE FOTOGRAFÍA XUVENIL CONCELLO DE ARES 2026

Gústache a fotografía? Coñeces o teu pobo? Tes entre 8 e 18 anos? Anímate, presenta a túa foto. Poderás formar parte do calendario municipal 2027 ademais de levar un premio da túa categoría. Obxectivo O obxectivo deste concurso é convidar á xuventude a mirar na súa contorna aresá como contexto onde recoñecer a súa herdanza […]
O alumnado de Ares achega a súa mirada do mar ao Mercado Municipal

A rapazada do Concello de Ares convértese en protagonista dunha nova iniciativa do GALP Golfo Ártabro Norte, cofinanciada polo FEMPA e a Xunta de Galicia, que busca poñer en valor a nosa cultura e tradición mariñeira a través da creatividade da mocidade. Primaria: “A miña peixería e máis eu”, certame de debuxo. 1º a 4º […]
Obradoiros de costura creativa e upcycling téxtil

O Concello de Ares organiza na Casa Rectoral tres obradoiros para aprender a reparar, transformar e reutilizar prendas de roupa, fomentando o consumo responsable e a economía circular. 📅 16 de outubro | 11:00–13:30 h 🪡 Primeiros pasos na costura 📅 29 de outubro | 11:00–13:30 h 🔧 Aprende a reparar 📅 29 de outubro […]
Ares promove a reparación e reutilización da roupa con novos obradoiros de costura creativa

O Concello de Ares pon en marcha este mes de outubro un ciclo de obradoiros de costura creativa e upcycling téxtil na Casa Rectoral, unha iniciativa orientada a fomentar o consumo responsable, a reutilización e a economía circular. Ao longo das diferentes sesións, as persoas participantes poderán adquirir coñecementos básicos de costura e aprender técnicas […]
COMPOSTAXE DOMÉSTICA | ENTREGA DE 50 COMPOSTEIROS

O Concello de Ares pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica, coa entrega de 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio. Requisitos: Vivenda illada con parcela ou horta de polo menos 25 m². Non ter recibido un composteiro do Concello en campañas anteriores. Un composteiro por vivenda. Como solicitalo: […]
O Concello de Ares reforza a súa aposta pola compostaxe doméstica coa entrega de 50 composteiros á veciñanza

O Concello de Ares pon en marcha unha nova campaña de fomento da compostaxe doméstica coa que entregará 50 composteiros de balde a vivendas unifamiliares do municipio. Trátase dunha iniciativa dirixida a incrementar a eficiencia na xestión dos residuos de competencia municipal, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa Galicia Feder 2021-2027. Quen pode […]
Tarde de contos na Biblioteca Municipal

O pasado xoves, a Biblioteca Municipal de Ares acolleu o contacontos «Un monstro moi larpeiro», da man de Marisa Irimia, dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña. As nenas e nenos desfrutaron dunha tarde chea de historias, risas e imaxinación arredor dos libros e da narración oral. Grazas a Marisa Irimia e a todas […]