O Concello aproba os Orzamentos Municipais

As contas para o presente exercicio ascenden a 7.478.846,44 euros  O pleno extraordinario convocado onte aprobou os orzamentos para 2023, o que supón sacar adiante as contas muinicipais, é dicir, o documento económico máis importante do Concello, cun importe que neste exercicio ascende a 7.478.846,44 euros. O alcalde, Julio Iglesias, subliñou que as contas aprobadas […]

Aviso de recollida de enseres

Lembramos que esta mesma noite do martes, 18 de abril, todas as persoas que o desexen poden depositar os enseres e residuos voluminosos nos puntos designados a tal uso. A súa recollida realizarase mañá, terceiro mércores do mes, coma vén sendo habitual.

O punto limpo móbil vén de ser instalado esta mañá polos operarios municipais enfronte ao camiño que da acceso a Besoxo, á altura da avenida de Mugardos!

Dende hoxe ata a finalización da semana estará disponible para a veciñanza da contorna. Deposita alí os teus residuos domésticos para que poidan ser tratados adecuadamente! Lembra que nel podes deixar: Pilas e baterías Lámpadas e tubos fluorescentes Aceites minerais e vexetais Roupa e calzado Pequenos electrodomésticos. A seguinte parada do punto limpo, correspondente á […]

Unha delegación de Ares trasladouse a fin de semana a Bueu para compartir a nosa historia e o interese por recuperar o “millo corvo”.

O alcalde de Bueu, Félix Juncal, e outros membros da corporación municipal, recibiron ao alcalde de Ares, Julio Iglesias, e aos representantes da Asociación de Amigos do Mosteiro de Santa Catalina, Celsa Formoso e Rogelio Pérez, sumándose ao momento de fraternidade que tivo lugar no marco do XXIII Encontro-Degustación do Millo Corvo. A comitiva de […]

Sétima ruta do SendAres completada!

Onte, ao redor de vinte sendeiristas achegáronse á beleza dos cantís de Cedeira no marco do sétimo itinerario promovido pola concellaría de Deportes. Os excursionistas que se animaron a participar no programa municipal de sendeirismo aproximáronse á contorna de Cedeira para desfrutar dunha agradable xornada de deporte e natureza. A ruta circular levou aos sendeiristas […]

O teatro regresa á escola infantil da Galiña Azul de Ares!

A escola da Galiña Azul acolleu esta semana unha sesión de teatro infantil para que os máis pequenos poidan coñecer e gozar das cores que lles rodean a través de diferentes elementos sensoriais. A compañía Trémola Teatro chegou co seu espectáculo « Leo e as cores» para que os nenos e nenas axudasen a Leo, […]

III CONCURSO DE MICRORRELATOS

DÍA DO LIBRO. 23 ABRIL 2023 Dende o EDLG do CPI As Mirandas e a Concellaría de Cultura do Concello de Ares lanzamos o III Concurso de escritura creativa de Microrrelatos. A través del podedes deixar voar a vosa imaxinación e trasladarnos a vosa creatividade. O concurso consistirá en crear un microrrelato de tema libre […]

O Club de Montaña Ferrol organiza a “I Andaina Costa de Bezoucos”, un percorrido de 30 quilómetros pola costa dos municipios de Ares, Cabanas, Fene e Mugardos

O evento deportivo, que se desenvolverá o próximo 22 de abril, foi presentado oficialmente onte na alcaldía do Concello de Ares, co Presidente do Club de Montaña Ferrol, Xan Ramírez, ao fronte, para dar a coñecer todos os detalles desta iniciativa que hibrida deporte e natureza ao longo de 30 quilómetros da península de Bezoucos, […]

Excursión a Portugal

D. JULIO IGNACIO IGLESIAS REDONDO, ALCALDE DO CONCELLO DE ARES, POR MEDIO DO PRESENTEFAI SABER: QUE O DÍA 03 DE XUÑO DE 2023 ORGANIZA UNHA EXCURSIÓN A PORTUGAL, VISITANDO A FEIRA DE VILANOVA DE CERVEIRA E FORTALEZA. PRAZO DE INCRIPCIÓN: ATA O 26  DE MAIO DE 2023 . LUGAR DE INSCRIPCIÓN: DEPARTAMENTO SERVIZOS SOCIAIS (ANTIGO […]